A las barricadas é o título dunha das máis populares cancións relacionadas co anarcosindicalismo ou o anarquismo (ou tamén o comunismo libertario) durante a guerra civil e a Revolución Española. Actualmente é tamén o himno da CNT e da CXT.

Historia A canción orixinal, a "Varchavianka", "Warszawianka" ou "Varsoviana", foi composta en 1883 polo poeta polaco Wacław Święcicki, cando estaba preso no cárcere de Varsovia, nun momento no que o movemento obreiro polaco sostiña duras loitas reivindicativas e pelexaba contra a ocupación rusa. A canción baseouse nun tema popular polaco (outras versións apuntan a “A marcha dos zuavos” ou “Les hussards de Bercheny”). Cantouse por primeira vez na manifestación obreira do 2 de marzo de 1885 en Varsovia, popularizándose e ocasionando versións da mesma en toda Europa pola solidariedade do movemento obreiro con Polonia.

Chegou a España co nome de “Marcha triunfal” e co subtítulo “¡A las barricadas!”. Publicouse a súa partitura en novembro de 1933, no suplemento da revista Tierra y Libertad de Barcelona. Os arranxos musicais para coro mixto fíxoos Ángel Miret, e a adaptación da letra Valeriano Orobón Fernández. Xunto á letra sinalábase que esta canción, de carácter sindicalista, a trouxeran a España uns anarcosindicalistas alemáns, e que se fixera popular, sobre todo entre os máis novos, substituíndo á tradicional canción anarquista española “Hijos del pueblo”.

Ten sido interpretada por artistas como Ades, Dandelion Junk Queens, Los Dólares, Pascal Comelade, Los Muertos de Cristo, Ana Belén, JoMo, Serge Utgé-Royo, ou Extremoduro.

Dá nome ó portal web alasbarricadas.org, de carácter libertario.

Letra

Negras tormentas agitan los aires, nubes oscuras nos impiden ver, aunque nos espere el dolor y la muerte, contra el enemigo nos llama el deber. El bien más preciado es la libertad. Hay que defenderla con fe y valor. Alza la bandera revolucionaria, que del triunfo sin cesar nos lleva en pos. Alza la bandera revolucionaria, que del triunfo sin cesar nos lleva en pos. ¡En pie pueblo obrero, a la batalla! ¡Hay que derrocar a la reacción! ¡A las barricadas! ¡A las barricadas por el triunfo de la Confederación! ¡A las barricadas! ¡A las barricadas por el triunfo de la Confederación!

Negras tormentas axitan os aires nubes escuras impídennos ver aínda que nos espere a dor e a morte contra o inimigo chámanos o deber o ben máis prezado é a liberdade hai que defendela con fe e valor alza a bandeira revolucionaria que do triunfo sen cesar lévanos en pos alza a bandeira revolucionaria que do triunfo sen cesar lévanos en pos en pé pobo obreiro á batalla hai que derrotar á reacción ás barricadas, ás barricadas polo triunfo da Confederación ás barricadas, ás barricadas polo triunfo da Confederación

Véxase tamén Ligazóns externas partitura Himno da CNT (mp3) Vídeo con dúas versións de "A las barricadas"

Categoría:Composicións musicais de Valeriano Orobón Fernández Categoría:Composicións musicais do século XX Categoría:Composicións musicais no dominio público Categoría:Composicións musicais de temática anarquista Categoría:Himnos Categoría:Composicións musicais de música popular Categoría:Cancións da guerra civil española