A revolta de Haymarket foi un feito histórico que tivo lugar en Haymarket Square (Chicago, Estados Unidos) o 4 de maio de 1886, e que foi o punto álxido dunha serie de protestas que desde o 1 de maio se produciran en apoio ós obreiros en folga, para reivindicar a xornada laboral de oito horas. Durante unha manifestación pacífica un descoñecido lanzou unha bomba á policía, que intentaba disolver o acto de forma violenta. Isto desembocou nun xuízo, anos despois cualificado de ilexítimo e deliberadamente malintencionado, contra oito traballadores anarquistas, onde cinco deles foron condenados a morte (un deles suicidouse antes de ser executado) e tres foron recluídos. Foron denominados Mártires de Chicago polo movemento obreiro.

Posteriormente este feito deu lugar á conmemoración do 1 de maio, orixinalmente por parte do movemento obreiro, e actualmente considerado na gran maioría dos países democráticos (agás os Estados Unidos, o Reino Unido e o Principado de Andorra), o Día internacional dos traballadores. miniatura|250px|Placa conmemorativa do goberno de Chicago dedicada ós traballadores involucrados no incidente de Haymarket, os mártires de Chicago

O contexto Os feitos que deron lugar a esta revolta están contextualizados nos albores da revolución industrial nos Estados Unidos. A finais do século XIX Chicago era a segunda cidade dos Estados Unidos. Do oeste e do sueste chegaban cada ano por ferrocarril miles de gandeiros desocupados, creando as primeiras vilas humildes que albergarían a centos de miles de traballadores. Ademais, estes centros urbanos acolleron a emigrantes chegados de todo o mundo ó longo do século XIX.

A reivindicación da xornada laboral de oito horas esquerda|miniatura|Conmemoración do centenario da revolta de Haymarket en maio de 1986, no camposanto Waldheim (Chicago) Unha das reivindicacións básicas dos traballadores era a xornada de oito horas. O facer valer a máxima oito horas para o traballo, oito horas para o soño e oito horas para a casa. Nese contexto producíronse varios movementos. En 1829 formouse un movemento para solicitar á lexislatura do Estado de Nova York a xornada de oito horas.

Anteriormente existía unha lei que prohibía traballar máis de dezaoito horas, agás caso de necesidade. Se non había tal necesidade, calquera funcionario dunha compañía de ferrocarril que obrigase un maquinista ou fogueiro a traballar xornadas de dezaoito horas diarias debía pagar unha multa de vinte e cinco dólares. O movemento sindical no Canadá iniciou unha campaña similar a partir de 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais, que se obtiveron nesa mesma década.

A maioría dos obreiros estaban afiliados ó Knights of Labor, de forte influencia anarquista, pero tiña máis preponderancia a Federation of Organized Trades and Labor Unions. No seu cuarto congreso, o 17 de outubro de 1884, resolveron que desde o 1 de maio de 1886 a duración legal da xornada de traballo debería ser de oito horas. En caso de non obter resposta a este reclamo, se iría á folga. Recomendaba a tódalas unións sindicais a tratar de facer promulgar leis con ese contido en tódalas súas xurisdicións. Esta resolución espertou o interese de tódalas organizacións, que vían que a xornada de oito horas posibilitaría obter maior cantidade de postos de traballo (menos desocupación). Eses dous anos acentuaron o sentimento de solidariedade e acrecentou a combatividade dos traballadores en xeral.

En 1886 o presidente dos Estados Unidos Andrew Johnson promulgou a chamada Lei Ingersoll, establecendo as oito horas de traballo diarias. Ó pouco tempo dezanove estados sancionaron leis que permitían traballar xornadas máximas de oito e dez horas (aínda que sempre con cláusulas que permitían facer traballar ós obreiros entre catorce e dezaoito horas). As condicións de traballo eran similares, e as condicións en que se vivía seguían sendo insoportables.

Como a Lei Ingersoll non se cumpría, as organizacións laborais e sindicais dos Estados Unidos se mobilizaron. A prensa cualificaba o movemento en demanda das oito horas de traballo como "indignante e irrespetuoso", "delirio de lunáticos pouco patriotas", e manifestando que era "o mesmo que pedir que se pague un salario sen cumprir ningunha hora de traballo".

Os feitos A convocatoria da folga A Knights of Labor (a principal organización de traballadores dos Estados Unidos) remitiu unha circular a tódalas organizacións adheridas, onde manifestaba: "Ningún traballador adherido a esta central debe facer folga o 1° de maio, xa que non dimos ningunha orde ó respecto". Este comunicado foi rexeitado de plano por tódolos traballadores dos Estados Unidos e o Canadá, que repudiaron ós dirixentes da Nobre Orde por traidores ó movemento obreiro.

Na prensa de días antes da folga, o 29 de abril de 1886, podíase ler: "Ademais das oito horas, os traballadores van esixir todo o que poidan suxerir os máis tolos anarco-socialistas". O New York Times dicía: O Filadelfia Telegram dicía: O Indianápolis Journal dicía:

Do 1 ó 3 de maio O 1 de maio de 1886 200.000 traballadores iniciaron a folga, mentres que outros 200.000 obtiñan esa conquista coa simple ameaza do paro.

En Chicago, onde as condicións de traballo eran moito peores que noutras cidades, as mobilizacións seguiron os días 2 e 3 de maio. A única fábrica que traballaba era a fábrica de maquinaria agrícola McCormick, que estaba en folga desde o 16 de febreiro porque querían descontar ós obreiros unha cantidade para a construción dunha igrexa. A produción mantíñase a base de crebafolgas. O día 2 a policía disolvera violentamente unha manifestación de máis de 50.000 persoas, e o día 3 tivo lugar unha concentración fronte ás súas portas. Cando estaba na tribuna o anarquista August Spies soou a sirena de saída dunha quenda de rompefolgas. Os concentrados lanzáronse sobre os scabs (amarelos), comezando unha pelexa campal. Unha compañía de policías, sen previo aviso, procedeu a disparar a queimarroupa sobre a xente, producindo seis mortos e varias ducias de feridos.

Adolph Fischer, redactor do periódico Arbeiter Zeitung, correu cara á imprenta do periódico para imprimir 25.000 folletos (feito que logo se utilizaría como principal proba acusatoria no xuízo que o levou á forca). O texto era:

A proclama terminaba convocando un acto de protesta para o día seguinte, o 4 de maio, á catro da tarde, en Haymarket Square. Conseguiuse un permiso do alcalde Harrison para facer un acto ás 19.30.

4 de maio, día da revolta miniatura|240px|esquerda|Gravado coa explosión na Revolta de Haymarket O 4 de maio ás 21.30 o alcalde, que estivera presente no acto de Haymarket Square para garantir a seguridade dos obreiros, deuno por terminado. Pero o mesmo seguiu con gran parte da concorrencia (máis de 20.000 persoas). O inspector da policía John Bonfield considerou que, rematado o acto, non debía permitir que os obreiros seguisen nese lugar, e xunto a 180 policías uniformados avanzou cara ao parque e empezou a reprimilos. De repente estalou entre os policías un artefacto explosivo que matou o oficial Degan e produciu feridas noutros. A policía abriu fogo sobre a multitude, matando e ferindo a un número descoñecido de obreiros. Declarouse o estado de sitio e o toque de queda, e nos días seguintes detívose a centenares de obreiros, que foron golpeados e torturados, acusados do asasinato do policía. Realizáronse gran cantidade de violacións de domicilios e inventáronse descubrimentos de arsenais de armas, municións, acochos secretos e mesmo "un molde para fabricar torpedos navais".

A campaña de prensa A prensa en xeral pregouse á represión e realizou unha campaña apoiando e animando a esta con columnas como esta:

A prensa reclamaba un xuízo sumario por parte da Corte Suprema, e responsabilizaba a oito anarquistas e a tódalas figuras prominentes do movemento obreiro. Continuouse coa detención de centos de traballadores en calidade de sospeitosos.

O xuízo O 21 de xuño de 1886 iniciouse a causa contra 31 responsables, sendo logo reducido o número a 8. Malia que o xuízo foi en todo momento unha farsa e se realizou sen respectar norma procesual algunha, a prensa amarela sostiña a culpabilidade de tódolos acusados, e a necesidade de aforcar os estranxeiros. Malia que nada se puido probar na súa contra, os oito de Chicago foron declarados culpables, acusados de seren inimigos da sociedade e a orde establecida. Tres deles foron condenados a prisión e cinco á forca.

Na actualidade considérase que o seu xuízo estivo motivado por razóns políticas e non por razóns xurídicas. Xulgouse a súa orientación política libertaria e a súa condición de obreiros rebeldes, non o incidente en si mesmo.

As condenas 200px|miniatura|Afiche en simpatía cos anarquistas de Chicago, por Walter Crane Prisión Samuel Fielden: pastor metodista e obreiro téxtil inglés de 39 anos, condenado a cadea perpetua. Oscar Neebe: vendedor estadounidense de 36 anos, condenado a quince anos de traballos forzados. Michael Swabb: tipógrafo alemán de 33 anos, condenado a cadea perpetua:

Morte na forca O 11 de novembro de 1887 consumouse a execución de: Georg Engel: tipógrafo alemán de 50 anos. Adolf Fischer: xornalista alemán de 30 anos: Albert Parsons: xornalista estadounidense de 39 anos, esposo da mexicana Lucy González Parsons. Aínda que se probou que non estivo presente no lugar, entregouse para estar cos seus compañeiros e foi xulgado igualmente: Hessois Auguste Spies: xornalista alemán de 31 anos: Louis Linng: carpinteiro alemán de 22 anos: para non ser executado suicidouse na súa propia cela:

Relato da execución por José Martí, correspondente en Chicago do periódico La Nación de Buenos Aires:

O crime de Chicago custou a vida de moitos traballadores e dirixentes sindicais. Non existe un número exacto, pero foron miles os despedidos, detidos, procesados, feridos de bala ou torturados. A maioría eran inmigrantes: italianos, españois, alemáns, rusos, irlandeses, xudeus, polacos e eslovacos.

Consecución da xornada laboral de oito horas A finais de maio de 1886 varios sectores patronais accederon a outorgar a xornada de oito horas a varios centenares de miles de obreiros. O éxito foi tal que a Federación de Gremios e Unións Organizadas expresou o seu xúbilo con estas palabras: "Xamais na historia deste país houbo un levantamento tan xeral entre as masas industriais. O desexo dunha diminución da xornada de traballo impulsou a millóns de traballadores a se afiliaren nas organizacións existentes, cando ata agora permaneceran indiferentes á axitación sindical".

Monumentos miniatura|centro|Traballadores terminan de instalar un monumento á policía de Chicago, 1889miniatura|centro|O pedestal sen estatua en 1986. Actualmente o pedestal foi retiradominiatura|centro|Placa do pedestal da escultura do Haymarket Memorial. O nome do alcalde foi borrado e o selo da cidade cuberto cun a circulado

Ligazóns externas

Recuerdo de los mártires de Chicago Los mártires de Chicago, por Ricardo Mella

Categoría:Historia dos Estados Unidos de América Categoría:Historia do anarquismo Categoría:Sindicalismo