miniatura|175px|Tumba de Wacław Święcicki. Wacław Święcicki, nado en Varsovia en 1848 e finado na mesma cidade en 1900, foi un poeta e sindicalista polaco.

Traxectoria É o autor da "Varchavianka", "Warschawjanka" ou "Varsoviana", canción creada en 1883 baseada nun tema popular polaco (aínda que outras versións apuntan a "A marcha dos zuavos" ou "Les hussards de Bercheny"). Esta canción foi adaptada ó castelán por Valeriano Orobón Fernández nunha partitura de 1933, que se publicou co nome de "¡Marcha triunfal!" e subtítulo de "¡A las barricadas!".

A canción, coñecida na actualidade como "A las barricadas", é o himno da CNT e da CXT, sindicatos anarcosindicalistas españois.

Categoría:Escritores en lingua polaca Categoría:Escritores de Polonia Categoría:Nados en Varsovia Categoría:Nados en 1848 Categoría:Finados en 1900