Lusco e Fusco é o primeiro disco do grupo Fanny + Alexander, publicado no 2006. Está dispoñible en formato mp3, descargable de balde na páxina do selo, e en formato CD. Está editado baixo licenza Creative Commons 2.0.

Consta de 8 temas. Os catro primeiros son Lusco EP, e os catro últimos Fusco EP. Sete deles están cantados en galego, incluíndo textos de Manuel Antonio, Mon G. Buhigas, Bernardino Graña e Darío Xohán Cabana, e un deles en inglés. Tamén usan un sampler con texto da película Sempre Xonxa.

Desde a base da música electrónica, experimenta mesturando campos diversos como melodías pop con ritmos tradicionais galegos, e introducindo desde orquestracións barrocas a rimas hip-hopeiras ou guitarras espaciais. Lista de cancións Lusco EP "Lene" "Sós/S.O.S." (letra de Manuel Antonio) "Mil anacos" "Rebumbio" Fusco EP "Tree to hide" "Tebras entre as mans" "Hora da morte" "Soños"

Véxase tamén Ligazóns externas páxina do selo Páxina web oficial Disco en Archive.org

Categoría:Álbums de Fanny & Alexander Categoría:Álbums musicais de 2006