Manuel García Seixas, coñecido como Manuel Seixas, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de xuño de 1961, é un profesor, escritor e músico galego. Traxectoria Profesor de filosofía, psicoloxía e valores éticos no IES A Basella de Vilanova de Arousa ata o 2021. Como músico foi membro do grupo Korosi Dansas, posteriormente fundou o grupo Neuroband e ten editados varios proxectos en solitario. Como escritor editou varias novelas, poemarios, artigos... e colaborou en obras conxuntas.

Obra Narrativa A velocidade do frío (1996). Vigo: Xerais. 296 páxs. ISBN 978-84-8302-068-5. Novela. Viñeron do espacio interior (1996). Santiago. Positivas. ISBN 978-84-87783-37-1. Relatos. Bailarina (1999). Vigo: Xerais. 232 páxs. ISBN 978-84-8302-405-8. Novela. Interferencias (2015). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-9914-905-9. ePub: ISBN 978-84-9914-912-7. Novela.

Poesía Vestixios do verme (1999). Santiago: Positivas. 48 páxs. ISBN 978-84-87783-56-2 Diario de ausencias (2001). Lisboa: Tema. "A coitelada da morte" (2020). En Grial, 228, tomo XVIII. Trevo (Triloxía do Outono) (2021). Vigo: Ed. Galaxia. Ilustracións de Xurxo Romero Román. ISBN 978-84-9151-591-3.

Obras colectivas A memoria de Vilagarcía (2003). Con Carlos Díaz Martínez. Narradio. 56 historias no ar (2003). Xerais. Xuro que nunca volverei pasar fame (2003,). Difusora.

Obra musical Con Korosi Dansas Cordura (CD; Man Records, 1995). Non! (CD; Chorima Records, 1996).

En solitario A velocidade do frío (CD; Xerais, 1997). Conxunto de temas baseados na súa novela homónima). Presentimento (CD; Madame Mir, 2001). O estraño karaoke do home bata (CD dobre. Tríptico 32 páxinas; Ferror Records, 2021) Electric Eyes (LP-CD dobre; Ferror Records, 2023)

Con Neuroband Microse (In memoriam Roberto Camba; Autoedición, 2004). Proceso Amniótico (CD; Pai Música, 2011). Verde (CD; Con de tres pés, 2015).

Premios 1996: Premio Xerais de novela por A velocidade do frío.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina persoal de Manuel Seixas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia

Categoría:Profesores de educación secundaria

Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1961 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes