Este artigo trata sobre unhas plantas suculentas usadas en xardinaxe, para a raíz comestíbel véxase mandioca.

As iucas son plantas suculentas do xénero Yucca, composto por unha cincuentena de especies da familia Agavaceae, nativas de Norteamérica e Centroamérica, características polas súas rosetas de follas gladiformes e polos seus acios de flores brancas.

miniatura|300px|esquerda|Yucca gloriosa cultivada en maceta de barro cocido como planta ornamental

O seu atractivo aspecto e rusticidade, ao ser nativas de rexións áridas e aptas para a conservación da auga, requiren pouco rego; fai que as iucas se cultiven bastamente como ornamentais; aínda que os talos e froitos de moitas especies sexan comestíbeis, non é común o seu emprego na gastronomía.

Particularmente notable é o sistema de polinización da iuca; están adaptadas a manter unha relación de mutualismo con varias especies de lepidóteros da familia Prodoxidade (coñecidas como "couzas da iuca"), na que o insecto se encarga de transportalo polen dende os estames da flor masculina até o estigma da feminina, pero á vez deposita os seus ovos na flor. A eiruga, ao nacer, aliméntase das sementas da planta, pero deixa as suficientes para que esta se espalle.

Numerosas especies anteriormente clasificadas como parte de Yucca hoxe trasladáronse aos xéneros Dasylirion, Furcraea, Hesperaloe e Nolina.

Especies Yucca aloifolia Yucca angustissima Yucca angustifolia Yucca arkansana Yucca baccata Yucca baileyi Yucca brevifolia Yucca confinis Yucca constricta Yucca decipiens Yucca elata Yucca elephantipes Yucca endlichiana Yucca faxoniana Yucca filamentosa Yucca filifera Yucca flaccida Yucca glauca Yucca gloriosa Yucca grandiflora Yucca guatemalensis Yucca harrimaniae Yucca intermedia Yucca jaliscensis Yucca kanabensis Yucca lacandonica Yucca madrensis Yucca nana Yucca pallida Yucca periculosa Yucca recurvifolia Yucca rigida Yucca rostrata Yucca rupicola Yucca schidigera Yucca schottii Yucca standleyi Yucca thompsoniana Yucca thornberi Yucca torreyi Yucca treculiana Yucca valida Yucca whipplei Yucca yucatana

Galerie

Notas

Véxase tamén Bibliografía M. & G. Irish, Agaves, Yucas, and Related Plants: a Gardener's Guide (Timber Press, 2000). ISBN 0-88192-442-3

Categoría:Yucca Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Taxons descritos por Linné