San Xoán de Fornelos, tamén coñecida coma Fornelos da Ribeira, é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 704 habitantes (353 mulleres e 351 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 740 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 745 habitantes, sendo 386 homes e 359 mulleres.

miniatura|dereita|200px|Estatua á Virxe María.Fornelos na páxina do concello.

Agrarismo e o 'Crime de Fornelos' Nas primeiras décadas do século XX nesta parroquia tivo unha notable forza o movemento agrarista, cunha sociedade de agricultores que contaba dende 1919 co apoio en Bos Aires de "Hijos de Fornelos e anexos" e co Sindicato Católico Agrario de Fornelos impulsor de diversas actividades de carácter cooperativo.

Juan Domínguez Viéitez foi un labrego da aldea da Pedra Piñeira e destacado agrarista da parroquia de Fornelos da Ribeira. Morreu na presa de Curxido o 2 de febreiro de 1920. A pesar de que nun primeiro momento a xustiza considerou que o falecemento fora accidental, as sociedades agrarias de Salvaterra sostiveron que se tratara dun asasinato e convocaron un mitin en Fornelos o 12 de febreiro para reclamar o esclarecemento dos feitos.

A campaña estendeuse rapidamente, e numerosas sociedades agrarias e obreiras de Galicia organizaron protestas e actos reivindicativos para solicitar a investigación do coñecido como crime de Fornelos. A indignación social aumentou tras o asasinato dos mártires de Sobredo ese mesmo ano. Porén, non se conseguiu a desexada revisión do caso.

Coa caída da ditadura de Primo de Rivera reactivouse a campaña, e constituíuse unha Comisión pro-esclarecimiento del crimen de Fornelos de la Rivera, coa esperanza de que as novas autoridades da Segunda República impulsasen a revisión. A pesar diso, o proceso continuou bloqueado no Tribunal Supremo, e en 1936 o asunto permanecía sen resolver. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 provocou que o caso quedase definitivamente esquecido.

Lugares e parroquias Lugares de Fornelos

Parroquias de Salvaterra de Miño

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Salvaterra de Miño

Categoría:Parroquias de Salvaterra de Miño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán