Xulio Xabier López Valcárcel, nado en Romeán (Lugo) en 1953, é un escritor galego. Irmán de Xesús Manuel Valcárcel, tamén escritor.
Traxectoria Reside na Coruña. Estudou no Seminario de Lugo e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela traballando como procurador dos tribunais. Coñecido sobre todo como poeta, participou nos colectivos Cravo Fondo e De amor e desamor. Foi parte do consello de redacción de Luzes de Galiza e presidente da Agrupación Cultural O Facho. É membro da Asociación Española de Críticos Literarios. miniatura|Xaime Toxo, Xulio López Valcárcel, Pedro Corsino e Afonso Ribas Fraga na presentación do libro A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. Pontevedra, 2017. Obtivo o Premio Nacional de Poesía para menores de 25 anos, Premio Guimarães, en Portugal, gañador do Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1979, Premio "Antonio Tovar" en Ourense, 1993, e Premio da Crítica Española en 1994 e 2004. Así mesmo é autor de diversos traballos sobre arte e literatura e algúns libros de relatos. Foi ademais colaborador de prensa participando na Páxina literaria de El Ideal Gallego, que obtivo o Premio Irmandade do libro outorgado pola Federación de Librarías de Galicia no 2002. Tamén participou na radio co programa Entre libros con X.L.V. de Radio Coruña, Cadena SER.Ficha do autor na AELG
É membro destacado da Xeración Poética dos 80.
Obras Poesía Véspera do día (1979). Santiago: Follas Novas. ISBN 84-85385-09-8. Alba de auga sonámbula (1983). Lugo: Celta. 78 páxs. ISBN 978-8470440915. Solaina da ausencia (1986). Algalia Edicións, 2ª edición en 1987, A Coruña: Vía Láctea, 40 páxs. ISBN 9788486531195. O sol entre os dedos (1993). Sada: Ediciós do Castro. 74 páxs. ISBN 978-8474926415. Memoria de Agosto (1993). A Coruña: Deputación da Coruña. 108 páxs. ISBN 978-84-86040-76-5. En voz baixa. Quince anos de poesía (1979-1994) (1996). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 144 páxs. ISBN 9788486046675. El volumen de la ausencia (1997). Zaragoza: Olifante. Edición bilingüe galego-castelán. Traducido ao francés como Le volume de l'absence en 2006, por Marie-Line Heslon e Suso Pensado, edición bilingüe publicada en Espiral Maior). Casa última (2003). Culleredo: Espiral Maior. 97 páxs. ISBN 84-95625-78-4. Traducida ao italiano no 2004 por Emilio Coco. Se envellecemos xuntos (2007). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. En 2020, Medulia Ed., ilustracións de Xurxo Gómez-Chao, ISBN 978-84-121546-5-8. A melancolía dos corpos (2008). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 112 páxs. ISBN 978-84-92597-12-3. Outono nos espellos (2017). A Coruña: Medulia. 90 páxs. ISBN 978-84-943783-5-5. Memoria dos días, formas da levidade. Poesía reunida 1979-2017 (2017). A Coruña: Medulia. 553 páxs. ISBN 978-8494810213.
Narrativa Anel de mel (1991). Santiago: Vía Láctea. 160 páxs. ISBN 978-8486531621. Campo de Marte (1999). Culleredo: Espiral Maior. 184 páxs. ISBN 9788489814783. Traducida ao castelán no 2002 por Suso Pensado, publicada por Sociedade de Cultura Valle-Inclán. O cantar dos músicos errantes (2023). Santiago: Laiovento. 204 páxs. ISBN 978-84-8487-641-0. Libro electrónico: ISBN 978-84-8487-642-7.
Ensaio No corazón de Galicia: viaxe polas terras de Chantada e a Ulloa (2001). Vigo: A Nosa Terra. 337 páxs. ISBN 9788495350879. Sinais na area. Escritos sobre arte (2007). A Coruña: Deputación da Coruña. 216 páxs. ISBN 978-8498120721. Miguel González Garcés. Mineiro de luz (2009). Santiago: Laiovento. 354 páxs. ISBN 978-84-8487-174-3. Confesión de parte. Inventario de lecturas poéticas (2010) Culleredo: Espiral Maior. ISBN 978-84-92646-33-3. O escano baleiro. No Courel con Uxío Novoneyra (2011). Biblos Clube de Lectores. 192 páxs. ISBN 9788415086161. Raíz e canto I. Nomes para unha crónica vital e literaria (2013). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 212 páxs. ISBN 978-84-92597-29-1. Raíz e canto II. Nomes para unha crónica vital e literaria (2015). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 225 páxs. ISBN 978-84-92597-31-4. A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. I. De predicador a Mesías (2017). Santiago: Laiovento. 248 páxs. ISBN 978-84-8487-362-4. Lugares e presenzas (2017). A Coruña: Medulia. 292 páxs. ISBN 978-84-943783-7-9. A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. II. A cofiguración do mito. De Mesías a Deus (2019). Santiago: Laiovento. 310 páxs. ISBN 978-84-8487-430-0. Baixo o signo de Eros (2020). A Coruña: Medulia, 306 páxs. ISBN 978-84-122253-7-2. O cantar dos músicos errantes (2023). Santiago: Laiovento. 204 páxs. ISBN 978-84-8487-641-0. Ebook: ISBN 978-84-8487-642-7. Interiores (2025). A Coruña: Medulia. 124 páxs. ISBN 978-84-10324-74-9. Sinais de fume. Escritos sobre arte (2026). A Coruña: Medulia. 172 páxs. ISBN 979-13-88061-10-3. 55 mañás de domingo (2026). A Coruña: Medulia. 260 páxs. ISBN 979-13-88061-08-0.
Literatura infanto-xuvenil O pitiño revolucionario (2012). Galebook Ed. 50 páxs. ISBN 9788493873547. Ilustracións de Ángela Gavilán. Amiga Zura (2022). Medulia. Ilustración de Tania Arufe. 110 páxs. ISBN 978-84-125253-4-2.
Traducións Serodio amor, de Emilio Coco (2006). Espiral Maior. Con Suso Pensado. Lúa de xemas frías. Escolma de poesía mapuche (2008). Espiral Maior.
Edicións Poesía galega: antoloxía, de Miguel González Garcés (1998). Espiral Maior. Porta de aire: escolma poética de Miguel González Garcés (2005). A Nosa Terra.
Obras colectivas Cravo fondo (1977, Follas Novas). II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado). IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado). De amor e desamor. I. II (1984, 1985, Ediciós do Castro). Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. V Festival da Poesia no Condado (1985, S. C. D. Condado). Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco. Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo. VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado). VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado). Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento (1988, Ediciós do Castro). IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado). Escolma da Poesía galega de hoy (1991, Visor, Madrid). Homenaxe a Miguel González Garcés (1991, Deputación da Coruña). Los caminos de la voz, seis poetas gallegos de hoy (1995, Universidade de Granada). Edición bilingüe galego-castelán a cargo de Luciano Rodríguez Gómez. Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro). Construír a paz (1996, Xerais). Poesía Gallega Contemporánea (1996, Revista Litoral, Málaga). Novo do trinque (1997, BNG). Alguén agarda que volva alí (1998). Galician generation of the eighties: three poets (1999, Universidade da Coruña). A poesía é o gran milagre do mundo (2001, PEN Clube de Galicia). Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega). Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega). Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, por Arturo Casas (2003, Tris Tram). Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega). Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003). Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney). Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais). Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior). Uxío Novoneyra, A emoción da Terra (2004, AELG). Xente no Camiño: mostra de pintura e debuxo sobre a imaxe dos galegos da Baixa Idade Media (2005, Deputación da Coruña). Con Alfredo Erias e Carlos Pereira. O desafío das ondas (2006, Autoridade Portuaria da Coruña). Do máis fondo do silencio saen voces (2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña). Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora). A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium). Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008, Universidade da Coruña). Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais). Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008, Espiral Maior). De amor e desamor (2009, Deputación da Coruña). En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010, Toxosoutos). Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello (2011, Laiovento). Tamén navegar (2011, Toxosoutos). Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico. A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos). Dez anos de poesía nas Pontes (2013, Galebook). De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega). Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016, Fervenza). Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).
Premios Gañador do Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1979. Premio de poesía Miguel González Garcés no 1993, por Memoria de Agosto. Premio da Crítica Española en 1993, por Memoria de Agosto. Premio Antonio Tovar en Ourense no 1993. Premio da Crítica Española en 2003, por Casa última.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Diccionario da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1995. A tépeda luz dos días (aproximación á obra poética de Xulio L. Valcárcel), de Marina Vázquez Carreira. Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 1997.
Ligazóns externas Perfil en As escollas electivas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1953