A Gran Guerra Irmandiña foi unha revolta social que tivo lugar en Galicia entre 1467PALLARÉS MÉNDEZ, M. C.; PORTELA SILVA, E. De Xelmírez aos Irmandiños. A Galicia feudal (séculos XII-XV). A gran historia de Galicia, Tomo V, Volume 2. Arrecife Edicións Galegas (2007). ISBN 978-84-96931-10-7. e 1469, e foi posiblemente a maior revolta europea de todo o século XV.As primeiras revoltas medievais xa tiveran lugar en Europa durante a segunda metade do século XIV, despois da peste negra de 1348: a Jacquerie na Francia en 1358 ou a Revolta campesiña de 1381 en Inglaterra Comezou na primavera de 1467 en Galicia, nunha situación de conflito social (fame, epidemias e abusos por parte da nobreza galega) e político (guerra civil en Castela). A Santa Irmandade do Reino de Galicia, xurdida e xustificada por tal situación, tornouse nunha revolta como reacción a un sentimento acumulado de agravio polos males e danos que o pobo recibía dos nobres das fortalezas.

Precedentes A gran guerra irmandiña de 1467 estivo precedida de múltiples revoltas en certas zonas e localidades. Segundo algúns historiadores, como Carlos Barros Guimeráns, a primeira revolta organizada como Irmandade na Baixa Idade Media galega é a de 1418-1422 en Santiago de Compostela.

A Irmandade Fusquenlla tivo lugar en 1431, con Roi Xordo á fronte, nas terras dos Andrade. Xurdiu máis tarde, en 1451, a "primeira irmandade" nas rías de Pontevedra e Arousa. Despois xurdiron as irmandades da Coruña e Betanzos, seguidas das de Santiago de Compostela, Muros e Noia de 1458.

Desencadeamentos Situación de crise social Agresividade dos señores miniatura|dereita|Armadura e armas dos cabaleiros, xeralmente ofrecidas polo señor na Investidura. A nobreza galega vivía un século XV de conflitos e confrontación internas. Á intranquilidade xerada por tal serie de conflitos sumábanse os efectos negativos da epidemia de 1466, así como anteriormente a peste e as malas colleitas, que provocaron ademais unha caída de rendas da nobreza, o que derivou nunha actitude recadadora agresiva para contrarrestar esta diminución.

Entre as vítimas desta rapacidade da nova nobreza encontrábase tamén o clero. Mesmo parte do patrimonio e señoríos de mosteiros e catedrais estaban ocupados ou encomendados en 1467. De feito a Irmandade devolveu á igrexa moitos dos bens usurpados pola nobreza laica.

Os vasalos fronte ás fortificacións, refuxios de malfeitores Existía, por tanto, un sentimento acumulado de agravio, polos males e danos que as vilas e a xente recibían das fortalezas (percibidas como refuxios de malfeitores), tanto de señores e cabaleiros como de prelados, como indican as testemuñas do Preito Tabera - Fonseca: Por iso a irmandade focalizouse na demolición dos seus refuxios, as fortalezas.

A estes determinantes compoñentes emotivos sumábanse as segundas intencións de emancipación da vasalaxe e a liberación de pago de rendas do señor; terminar co sistema de fortificacións construídas entre os séculos X e XV.

Situación de crise política Outro agravante era a debilidade do Estado medieval que tiña lugar en toda Europa, o que con frecuencia levaba a que o rei se apoiase nas cidades e vilas para frear a nobreza feudal. Na coroa de Castela era especialmente certo polo enfrontamento, na década dos sesenta, do infante D. Afonso con Henrique IV, co correspondente baleiro de poder.

Posición da nobreza galega no conflito entre D. Henrique e D. Afonso miniatura|dereita|Henrique IV de Castela autorizou a Santa Irmandade. A actitude de toda a nobreza galega fronte ó conflito entre Henrique IV de Castela e Afonso non está aínda totalmente clarificada. Entre os fieis a Henrique IV situáronse Alvar Pérez Osorio (conde de Trastámara), e algúns dos seus parentes próximos, como Lope Sánchez de Moscoso ou Gómez Pérez das Mariñas I. Morais Muñiz cre que entre os partidarios de Afonso figuraban os condes de Ribadeo e de Santa Marta, o de Benavente, que era o seu Chanceler maior,, Alvar Páez de Soutomaior o vizconde de Monterrei, Juan de Zúñiga e probablemente tamén Fernán Pérez de Andrade, O Mozo, así coma o arcebispo Alonso II de Fonseca e mesmo o propio conde de Lemos, a pesar de que os datos son escasos e contraditorios.A súa lealdade á causa de D. Afonso é sostida en mentres que a súa lealdade a D. Henrique é defendida en

Posición do clero e terceiro estamento no conflito entre Henrique e Afonso Ó contrario que a nobreza galega, o rei contou co apoio da maioría do clero galego, incluído o episcopado, a excepción do arcebispo Fonseca. Henrique IV contou tamén cunha ampla base popular, maiormente en vilas e cidades, sabedoras de que Henrique era o apoio legal do movemento Irmandiño.

Nacemento das "Hermandades" noutros territorios da coroa de Castela Esta aguda crise social e política favoreceu o desenvolvemento das Hermandades. Así, xa entre 1456 e 1460 varias vilas de Guipúscoa utilizaron a irmandade contra a nobreza local, arrasando un gran número das súas casas fortes "porque façian e consentían muchos robos e malificios en la tierra e en los caminos e en todos los logares". En 1464 unha nova Hermandad General castelá celebrou a súa primeira xunta en Segovia. Esta irmandade permaneceu inicialmente baixo control de Henrique IV, que a utilizou contra os partidarios do seu irmán Afonso.

Influencia das "Hermandades" doutros territorios O nacemento da "Hermandad General" de Castela e León deu pé á demanda das cidades leais a Henrique de estender as Hermandades ao Reino de Galicia. Henrique IV permitiu ao final o xurdimento da "Santa Irmandade", seguramente co propósito de debilitar a rebelión da nobreza. Outro propósito de Henrique era, segundo Olivera Serrano, conseguir a contribución de Galicia á Facenda real, restituíndo ademais o dereito a voto nas Cortes de Galicia (dereito que perderan nas cortes de Madrid de 1419)., p. 320-321.

Alonso de Palencia, cronista oficial do reino de Castela, comenta en 1477 a formación e actividade da irmandade galega, presentándoa como a máxima realización da Hermandad General de Castela e León, e amosa o seu entusiasmo pola eficacia do seu traballo xusticeiro e anti-señorial, tomando fortificacións consideradas inexpugnables.p. 191-192.

O comezo da Irmandade miniatura|dereita|Castelo da Rocha Forte, arrasado polos irmandiños en 1467. Precedentes Xa entre 1454 e 1458 existira outra irmandade en Galicia "quel dicho moy virtuoso rey don Enrrique mandó faser e se fiso por su mandato en la çibdad de la Cruña e villa de Betanços", ás que se uniron os concellos de Santiago, Noia e Muros,, vol. I, p. 19-27. así como importantes señores galegos (Bernal Yáñez de Moscoso, Pedro Bermúdez de Montaos ou Sueiro Gómez de Soutomaior).

O comezo da Irmandade foi anterior á gran guerra da primavera de 1467, como proban documentos e referencias de comezos de 1465. Así, en febreiro de 1465 rexístrase que D. Pedro Álvarez Osorio, conde de Lemos, cedía ó seu fillo a fortificación de Monforte, por lle seren contrarias as irmandades de Galicia e, segundo declara o conde, "poderia ser quisessem tomar suas terras e não era justo que seu filho, sendo sem culpa e inocente, as perdesse".

Aprobación da Irmandade Aparentemente, algunhas das vilas galegas máis significativas, como A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Pontevedra ou Betanzos, enviaron ós seus representante para sancionar o nacemento da institución en Galicia. Lope García de Salazar afirma que foi Afonso de Lanzós quen canalizou a demanda, obtendo de Henrique IV os capítulos da "Hermandad".

Consta a presenza nas cortes de Salamanca, en maio de 1465, do escribán Juan Blanco, procurador de Betanzos, que parece que obtivo a demandada aprobación real.

Afonso Mosqueira, testemuña do preito Tabera - Fonseca, conta a presenza de Joan de Betresca, enviado do rei Henrique:

Consolidación e implantación A principios de 1467, a Irmandade estaba xa organizada e implantada no seu papel de ordenamento e xustiza. Unha testemuña da implantación e integración na Irmandade de varios sinalados nobres galegos é a demanda que, en febreiro de 1467, presenta Teresa de Zúñiga, condesa de Santa Marta, ante dous representantes da Hermandad General,Pedro Maldonado, veciño de Zamora e diputado de la Santa Hermandad della, e Alfonso Fernández da Madalena, veciño tamén de Zamora e "cuadrillero de la dicha Santa Hermandad de la dicha çibdad". que se comprometeran a proceder contra os querelados Sancho López de Ulloa, Pedro Pardo de Cela e Diego de Andrade "segund el tenor e la forma de los dichos capítulos e leyes e ordenanças de la Santa Hermandad". Ademais diso, na demanda tamén se indica que esta integración se estendera non só ós nobres das súas fortificacións, senón tamén ós seus vasalos.

miniatura|dereita|Restos do Castelo de San Xurxo, no Monte Pindo de Carnota.

O compromiso coa Irmandade de cabidos e cidades A principios de 1467 os compromisos de cabidos e cidades foran xa expresados publicamente. O 14 de marzo, por exemplo, o cabido e o concello de Tui xuraran os capítulos da Santa Yrmandade, e unha semana máis tarde designaron ó cóengo Gonzalo Vázquez para asistir no seu nome á xunta da Hermandad que se ía celebrar en Medina del Campo.

Á súa vez, o 16 de marzo rexistrouse un acordo do cabido compostelán de contribuír con "quatro mill maravedies de pares de brancas para aa arca da Yrmandade", e o concello de Ourense, en abril, anticipou "viinte e çinco mill pares de brancas" para que a fortificación do Castelo Ramiro fose entregada "aa Santa Yrmandade".

A isto uníronse outras reunións ou asembleas: en Santiago, despois en Lugo, despois en Melide, e máis tarde en Betanzos. Os pormenores da revolta ultimáronse en ditas reunións; na última hai rexistro da asistencia dos señores Fernán Pérez de Andrade, O Mozo, Sancho Sánchez de Ulloa e Gómez Pérez das Mariñas I ós que se lles solicitou a cesión das súas fortificacións, "cada uno las suias, e qe las pedían para derribárselas porque dezían que de las dichas fazían muchos males, porque robaban y tomaban a los hombres y los prendían". Esta esixencia representa a confirmación última das intencións xa presentes anteriormente, como indican as precaucións tomadas polo conde de Lemos que se mencionaron antes.

Evolución da revolta miniatura|Torre de San Sadurniño, en Cambados, destruída entre 1466 e 1470 durante as revoltas irmandiñas. Estalido da revolta Nos principios da primavera de 1467 chegou a revolta xeral, cando as Xuntas das Irmandades, organizadas en tódalas comarcas galegas, lanzaron a consigna contra as fortalezas, símbolo do acoso señorial.

As columnas irmandiñas, que unha testemuña do preito Tabera - Fonseca cifra en oitenta mil omes, comezaron a percorrer as comarcas, e coa forza do seu número e o auxilio de trabucos, bombardas e outras armas, acabaron rendendo a gran maioría dos castelos e fortificacións galegas­.

A revolta estaba encabezada por persoeiros relevantes, incluídos cabaleiros e fidalgos, mesmo parte da aristocracia urbana. Entre eles destacaron desde o principio Afonso de Lanzós, que loitou na zona de Betanzos e no bispado de Mondoñedo, Pedro Osorio na área de Compostela, e Diego de Lemos, no sur de Lugo e en Ourense, e Lopo Mariño de Lobeira. Como data simbólica, o 25 de abril de 1467 foi arrasada a primeira fortificación, o Castelo Ramiro, preto de Ourense. A sorpresa do ataque foi decisiva no triunfo irmandiño, así como o total abandono dos vasalos ós señores e, por tanto a falta de apoio destes para se defender, volvéndose vas as tentativas da nobreza por resistir. Así, Lope García de Betanzos declara "pues toda la gente del dicho reino andaba en favor de la dicha hermandad y hera contra ellos y ellos no tenían favor ninguno, porque sus mismos basallos eran contra sus señores...".

miniatura|Torreón dos Andrade. Afonso de Lanzós, no comando dos Irmandiños, apoderouse do castelo e da vila de Pontedeume, conservándose na súa posesión durante algún tempo.