Ambel é un concello español do oeste da provincia de Zaragoza, situado na comarca do Campo de Borja. A súa poboación era de 334 habitantes en 2004 (INE), e unha densidade de 5,54 hab./km². A distancia da cabeceira municipal á cidade de Zaragoza é de 72 km.

Xeografía Ao pé do Moncayo, Ambel está situado sobre materiais terciarios da depresión do Ebro. Ocupa unha área superficial de 61,31 km².

Historia Na Idade Media, Ambel foi sede dunha comendadoría da orde de San Xoán de Xerusalén, incluída na Castellanía de Amposta.

Festas San Sebastián, 20 de xaneiro. Santas Reliquias, 29 de agosto.

Véxase tamén

Ligazóns externas Ambel.org Vocabulario de Ambel

Ambel