Galicia Agraria foi unha publicación periódica editada na Coruña entre 1927 e 1930 como órgano da Federación Católica Agraria da Coruña.
Historia e características O primeiro número apareceu o 1 de xaneiro de 1927, a publicación tiña periodicidade quincenal e contaba con 26 páxinas. A súa tiraxe era de 500 exemplares. O seu primeiro director foi José María Taboada Lago. En 1930 fusionouse con Acción Social de Mondoñedo para dar lugar a unha nova cabeceira, Galicia Social Agraria.
Véxase tamén Bibliografía
Martínez-López, Alberte (1986). "A prensa católico-agraria en Galiza". Sociedade e movemento obreiro en Galicia. Ourense. Deputación Provincial. páxs. 321-372. ISBN 84-505-3843-2.
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Prensa agraria Categoría:1927 en Galicia Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas de España desaparecidas