O Monumento á Liberdade (en letón: Brīvības piemineklis) atópase en Riga, Letonia. É un monumento construído na honra aos soldados que morreron durante a Guerra de Independencia de Letonia. Considérase un importante símbolo da liberdade, independencia e soberanía de Letonia. Inaugurado en 1935, os 42 m de altura do monumento de granito, travertino e cobre adoita servir como punto principal de reunións públicas e cerimonias oficiais.

As esculturas e baixorrelevos do Monumento á Liberdade, organizados en trece grupos, amosan a cultura e historia de Letonia. O núcleo do monumento está composto por formas tetragonais superpostas unhas sobre as outras, que van diminuíndo en tamaño conforme van ascendendo, completado por unha columna de travertino de 19 metros de altura que sostén a figura de cobre da Liberdade levantando tres estrelas douradas. A idea do monumento xurdiu por primeira vez a comezos dos anos 1920, cando o Primeiro Ministro de Letonia, Zigfrīds Anna Meierovics, ordenou establecer unhas normas para celebrar un concurso de deseños para unha "columna memorial". Despois de varios concursos, o monumento foi finalmente construído a comezos da década de 1930, segundo o proxecto "Brilla como unha estrela!" do escultor letón Kārlis Zāle. O orzamento das obras de construción financiouse mediante doazóns privadas.

Durante a segunda guerra mundial a Unión Soviética anexionouse Letonia e considerouse a demolición do monumento, aínda que nunca se levou a cabo. A escultora soviética Vera Mukhina é ás veces relacionada co rescate do monumento, posiblemente porque consideraba que era do máis alto valor artístico. Empregouse propaganda como medio para alterar o significado simbólico do monumento de acordo á ideoloxía soviética. Porén, para a maioría da xente aínda continúa sendo un símbolo da independencia nacional, reuníndose alí o 14 de xuño de 1987 preto de 5000 persoas para conmemorar as vítimas do réxime soviético e colocar flores. Esta concentración iniciou o movemento de independencia nacional, sendo restablecida tres anos despois a independencia de Letonia.

Deseño miniatura|esquerda|Bosquexo do Monumento á Liberdade visto dende arriba. Localización e nome das esculturas e baixorrelevos: (1) Liberdade, (2) Letonia, (3) Lāčplēsis, (4) Rompedores de cadeas, (5) Vaidelotis, (6) Pola patria e a liberdade, (7) 1905, (8) A batalla contra os bermontianos sobre a ponte de ferro, (9) Protectores da patria, (10) O Traballo, (11) Os académicos, (12) A Familia, (13) Fusileiros letóns, (14) Pobo letón: os cantantes|250px

As esculturas e baixorrelevos do Monumento á Liberdade, organizadas en trece grupos, mostran a cultura e a historia de Letoniahttp://www.vecriga.info/. Consultado o 2007-05-30. O centro do monumento está composto por formas tetragonais unha enriba doutra, que van diminuíndo conforme ascenden. Unha escaleira de granito vermello de dez chanzos, cunha altura de 1,8 metros, rodea o monumento entre dous relevos de travertino de 1,7 metros de altura e 4,5 metros de ancho. Os dous relevos que decoran os tres metros de grosor dos lados da escaleira chámanse "Fusileiros letones" (en letón: Latvju strēlnieki) e "Pobo Letón: Os Cantantes" (en letón: Latvju tauta - dziedātāja)(en letón) "Latvijas Enciklopēdija" (I sējums) Rīga 2002 SIA "Valērija Belokoņa izdevniecība" ISBN 9984-9482-1-8. Todo isto atópase sobre dous chanzos adicionais que forman unha plataforma redonda, de 28 metros de diámetro, a cal soporta toda a estrutura do monumento. Na parte dianteira do monumento, esta plataforma forma un rectángulo que é empregado para cerimonias.

A base do monumento, feita tamén de granito vermello, está formada por dous bloques rectangulares: o inferior é un monólito de 3,5 metros de alto, 9,2 metros de ancho e 11 metros de longo; mentres que o bloque superior é de 3,5 metros de alto, 8,5 metros de ancho e 10 metros de longo con nichos nas súas esquinas, cada unha das cales contén un grupo escultural de tres figuras. Os seus lados están decorados con paneis de travertino Na parte dianteira do monumento, entre os grupos escultóricos de "O traballo" (que representa a un pescador, un artesán e un agricultor no centro sostendo unha fouce decorada con follas de carballo e landras que simbolizan a forza e a virilidade) e "Protectores da patria" (que representa a un antigo guerreiro letón entre dous guerreiros modernos axeonllados) está inscrita nun dos paneis de travertino unha dedicatoria do escritor letón Kārlis Skalbe: Pola patria e a liberdade (en letón: Tēvzemei un Brīvībai). Nos lados os paneis de travertino sosteñen dous relevos: "1905" (en referencia á Revolución Rusa de 1905) e "A batalla contra os bermontianos sobre a ponte de ferro" (en letón: Cīņa pret bermontiešiem uz Dzelzs tilta, referíndose á decisiva batalla acontecida en Riga durante a guerra de Independencia de Letonia). Na parte traseira do monumento atópanse outros dous grupos esculturais: "A familia" (en letón: Ģimene, que representa a unha muller de pé entre os seus dous fillos) e "Os académicos" (en letón: Gara darbinieki)). Sobre a base de granito vermello hai outro bloque rectangular, de 6 metros de alto e ancho e 7,5 metros de longo, rodeados por catro grupos escultóricos de granito gris e cunhas alturas de entre 5,5 e 6 metros: "Letonia" (en letón: Latvija), "Lāčplēsis" (en galego: O cazador de osos, un heroe épico do pobo letón), "Vaidelotis" (un sacerdote pagán do báltico) e "Rompedores de cadeas" (en letón: Važu rāvēji, que representa a tres homes encadeados tratando de liberarse das súas cadeas.

Localización 850px|centro|miniatura|Praza do Monumento á Liberdade. O monumento atópase no centro de Riga no Brīvības bulvāris (Bulevar da Liberdade), preto da cidade vella de Riga.(en inglés) Statue of Liberty . Consultado o 2007-02-07. En 1990 as rúas que rodean o monumento entre os bulevares de Rainis e Aspazija foron peonalizadas, formando unha praza.

Restauración O monumento atópase en perigo debido ao clima, que produce danos polas xeadas e as chuvias, ademais da contaminación do aire(en inglés) Environmental Influences on Cultural Heritage of Latvia G. Mezinskis, L. Krage e M. Dzenis, Facultade de Ciencias Materiais e Química Aplicada, Universidade Tecnolóxica de Riga.. Aínda que en 1990 a área que rodea ao monumento foi peonalizada, aínda hai tres rúas circundantes polas cales circula o tráfico. Preto do monumento rexistráronse altas concentracións de dióxido de nitróxeno e dióxido de xofre, que en combinación coa auga causan a corrosión da estrutura do monumento(en inglés) Environmental Influences on Cultural Heritage of Latvia G. Mezinskis, L. Krage y M. Dzenis, Facultade de Ciencias Materiais e Química Aplicada, Universidade Tecnolóxica de Riga.. Ademais, a acción da auga causou o esmorecemento do núcleo de formigón armado e máis a oxidación dos alicerces de aceiro que seuxeitan o monumento, que tamén se desgastou polas constantes vibracións causadas polo tráfico(en inglés) New Materials for Conservation of Stone Monuments in Latvia Inese Sidraba, Centre for Conservation and Restoration of Stone Materials, Instituto de Materiais de Silicato, Universidade Tecnolóxica de Riga.

O travertino poroso foi esmorecendo progresivamente, e os seus poros enchéronse de feluxe e partículas de area, ennegrecendo o monumento e proporcionando un hábitat para pequenos organismos, coma musgos e liques. Así mesmo, compoñentes metálicos causaron eflorescencia na pedra.. O mantemento irregular e os pouco habilidosos traballos de restauración realizados contribuíron tamén á erosión do monumento. Para evitar un estrago maior, durante a restauración levada a cabo no ano 2001 as suxeicións foron substituídas por recheo de poliuretano, ademais, aplicouse ao monumento repelente contra a auga. Determinouse tamén que o mantemento do mesmo deberíase levar a cabo cada dous anos(en inglés) New Materials for Conservation of Stone Monuments in Latvia Inese Sidraba, Centre for Conservation and Restoration of Stone Materials.

O monumento foi restaurado dúas veces durante a era soviética (en 1962 e entre 1980 e 1981). De acordo coa tradición, trala restitución da independencia de Letonia as restauracións e o mantemento son financiados en parte por doazóns privadas. O monumento sufriu unha importante restauración entre 1998 e 2001. Durante a citada restauración a estatua á liberdade e as súas estrelas foron limpadas, restauradas e vernizadas de novo de cor dourada(en letón) Brīvības pieminekļa atjaunošanas darbus sāks pirmdien Delfi.lv (Leta) 2006-03-10. Consultado o 2007-05-11. O monumento foi reaberto oficialmente o 24 de xullo de 2001(en letón) Brīvības pieminekļa atklāšanā skanēs Zigmara Liepiņa kantāte Delfi.lv (BNS) 2001-06-21. Consultado o 2007-02-15. A escaleira, a columna, a base e o interior do monumento foron restaurados, e os materiais de pedra foron limpados e reselados. As suxeicións do monumento foron fixadas para evitar o seu afundimento. Aínda que os restauradores dixeron daquela que o monumento podería soportar cen anos sen outra restauración de grande envergadura, poucos anos despois descubriuse que o dourado das estrelas sufrira danos debido á técnica de restauración empregada. As estrelas restauráronse novamente durante o mantemento e a restauración de 2006, con todo, esta restauración foi apresurada e non hai garantía da súa calidade(en letón) Apzeltī bez garantijas Vietas.lv (Neatkarīga) 2006-04-20. Consultado o 2007-05-11.

Garda de Honra miniatura|esquerda|Gardas de honra ao pé do Monumento á Liberdade. A garda de honra estivo presente dende a inauguración do monumento ata 1940, cando foi eliminada pouco despois da ocupación de Letonia. Foi renovada o 11 de novembro de 1992. As gardas son soldados da Compañía da Garda de Honor da sede do batallón das Forzas Armadas Nacionais (en letón: Nacionālo Bruņoto spēku Štāba bataljona Goda sardzes rota)(en letón) Bruņoto spēku seja Dialogi.lv 2004-11-17. Consultado o 2007-03-09. A garda non é requirida para o servizo no caso de haber malas condicións meteorolóxicas ou se a temperatura é menor a -10 °C ou maior de +25 °C(en letón) Brīvības simbola sargs staburags.lv 2004-11-15. Consultado o 2007-03-09(en letón) Dienests kā atbildīgs un interesants darbs bdaugava.lv 2006-11-16. Consultado o 2007-03-09. Os gardas traballan en dúas quendas semanais, con tres ou catro pares de gardas que toman o relevo cada hora nunha cerimonia dirixida polo xefe da garda(en letón) Brīvības simbola sargs staburags.lv(en letón) Dienests kā atbildīgs un interesants darbs bdaugava.lv. Ademais tamén hai un vixilante en cada quenda que coida pola seguridade dos gardas de honra.

Normalmente, o cambio de garda realízase cada hora entre as 9 da mañá e as 6 da tarde. Despois dunha hora vixiando, os gardas teñen dúas horas libres que poden pasar nos seus dormitorios no Ministerio de Defensa. Dende setembro de 2004, os gardas patrullan tamén cada media hora durante a súa vixilancia: parten da base do monumento e marchan dúas veces ao longo de cada lado do mesmo e volvendo despois aos seus postos. A garda de honra ten a obrigación de medir 1,82 metros de estatura e ter boa saúde, xa que están obrigados a permanecer sen moverse durante media hora(en letón) Bruņoto spēku seja Dialogi.lv.

Significado político miniatura|250px|O Monumento á Liberdade substituíu a estatua do emperador ruso Pedro o Grande

Trala fin da segunda guerra mundial houbo plans para derrubar o monumento, aínda que os historiadores dispoñen de poucos testemuños escritos e a investigación baséase en grande medida nos testemuños verbais(en letón) Brīvības pieminekli uzspridzināt, Pēteri I vietā… Apollo.lv (Latvijas Avīze) 2006-05-05. Consultado o 2007-02-17. O 29 de setembro de 1949 o Consello de Comisarios do Pobo da República Socialista Soviética de Letonia propuxo a restitución da estatua do emperador ruso Pedro o Grande.