Esplús é un concello da provincia de Huesca, sito na comarca de La Litera. A súa poboación en 2005 era de 733 habitantes.

Xeografía Localizado no leste da provincia, o seu termo ten unha área superficial de 68,36 km². Dista 88 km da cidade de Huesca.

Nome Aparece documentado na Idade Media como Esplués ou Splués. A primeira mención está datada no ano 1092.

Festas 22 de xaneiro, San Vicente. 15 de agosto, a Asunción da Virxe María.

Véxase tamén

Outros artigos La Litera

Categoría:Concellos da provincia de Huesca