O Autódromo Oscar Alfredo Gálvez é un autódromo situado na Cidade de Bos Aires, Arxentina. Foi inaugurado en 1952 durante a presidencia de Juan Domingo Perón, grazas á iniciativa de varios corredores arxentinos entre os que se atopaba Juan Manuel Fangio. Debido á súa infraestrutura é coñecida como a Catedral do Automobilismo Arxentino, foi sede en vinte oportunidades do Gran Premio da Arxentina.
Historia O autódromo foi construído por iniciativa de varios corredores arxentinos, entre os que se atopaba o gañador do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951, Juan Manuel Fangio. Ante o desenvolvemento do automobilismo arxentino, o goberno do Presidente Juan Domingo Perón decidiu construír o autódromo no sur da Cidade de Bos Aires, nun predio de máis de 200 ha, no barrio de Vila Riachuelo. O autódromo foi inaugurado o 9 de marzo de 1952, baixo o nome de Autódromo 17 de Outubro, en honra á "xornada histórica" de apoio ao entón Coronel Perón.
Para a inauguración foron organizadas tres probas, pero a máis importante foi a realización da Copa Perón na modalidade Fórmula Libre, gañada por Juan Manuel Fangio. Fangio tardou 1:17.19.230 h para cubrir as 30 voltas do circuíto 4 do autódromo, ao mando dunha Ferrari 166FL. En segundo lugar chegou Froilán González co seu Ferrari 166C e terceiro o brasileiro Francisco Landi no seu Ferrari 125C.
En 1953 correuse alí o primeiro Gran Premio da Arxentina, a primeira carreira fóra de Europa, gañado nesa ocasión polo piloto italiano Alberto Ascari, que corría para a Scuderia Ferrari. O corredor arxentino Juan Manuel Fangio tivo que abandonar na volta 36 cando fallou a transmisión do seu Maserati. Durante esa carreira ocorreu un accidente que se cobrou a vida de 9 persoas. Outra Carreira memorable que levouse a cabo en 9 edicións foron os 1000 Km de Bos Aires, que se disputaron entre 1954 e 1972.
Circuítos O autódromo conta na actualidade con varios trazados: Circuíto N°5: Circuíto histórico, se continua utilizando hoxe en día en categorías zonais, é o circuíto máis curto. Circuíto N°6: É moi utilizado por categorías intermedias. Conta cunha parte rápida e cunha trabada. Destaca a Curva da Viborita, o Ombu e a Baixada do Escorregadoiro. Circuíto N°7: Extremadamente veloz, se continua utilizando hoxe en día en categorías zonais, Circuíto N°9: Utilizouse no Gran Premio da Arxentina de Fórmula 1 durante a década de 1990. É un circuíto moi trabado. Destaca a curva de Ascari e a S de Senna construída especialmente para o Gran Premio. 'Circuíto N°12:' É o escenario que utiliza o Turismo Carretera, e no 2010 utilizárono tamén o Top Race, o TC 2000 para os 200 km de Buenos Aires. Ten tres longas rectas, o curvón Salotto, a "S" do Ciervo e a chicana de Ascari. A "S" do Ciervo orixinal volveuse a usar na última carreira de Turismo Carretera. Circuíto N°15: Era utilizada para a realización do Gran Premio de fórmula 1 entre os anos ao , O trazado é igual ao nº 12 pero utilizando a zona dos mixtos, onde se atopan a Curva da Viborita, o Ombu e a Baixada do Escorregadoiro. Circuíto N°2: É igual que trazado nº 9, coa diferenza que o sector da forquita estendíase 250 metros máis aproximadamente. Este trazado non se utilizara máis xa que en lugar da antiga forquita construíuse un kartódromo e para rematar a tribuna da forquita construída para o Gran Premio.
Curvas e detalles En marrón claro: Bancos de material solto En azul: Boxes En magenta: Tribunas En celeste: Lago En gris claro: Kartódromo 800px Recta principal: Curva N° 1: S do ciervo: Recta do fondo: Curvón de Salotto: Recta do lago: Curva de Ascari (Eliminada): Chicana de Ascari: Entrada aos mixtos: La vivorita: Curva do ombú: Curva do cajón: S de Senna: Tobogán: Forquita de Parga: Forquita larga (Eliminada): Curva da confitería: Curvón N° 8:
Todos os gañadores de Fórmula 1, no autódromo Oscar Alfredo Gálvez
Nº Ano Piloto Construtor Motor Pneus. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de 1 Alberto Ascari Ferrari Ferrari 3:01:04,600 h 3,912 km 97 125,736 km/h 18. xaneiro Arxentina 2 Juan Manuel Fangio Maserati Maserati 3:00:55,800 h 3,912 km 87 112,865 km/h 17. xaneiro 3 Juan Manuel Fangio Mercedes Mercedes 3:00:38,600 h 3,912 km 96 124,738 km/h 16. xaneiro 4 Juan Manuel Fangio/ Luigi Musso Ferrari Ferrari 3:00:03,700 h 3,912 km 98 127,748 km/h 22. xaneiro 5 Juan Manuel Fangio Maserati Maserati 3:00:55,900 h 3,912 km 100 129,729 km/h 13. xaneiro 6 Stirling Moss Cooper Climax 2:19:33,700 h 3,912 km 80 134,547 km/h 19. xaneiro 7 Bruce McLaren Cooper Climax 2:17:49,500 h 3,912 km 80 136,242 km/h 7. xaneiro 8 Jackie Stewart Tyrrell Ford 1:57:58,820 h 3,345 km 95 161,607 km/h 23. xaneiro 9 Emerson Fittipaldi Lotus Ford 1:56:18,220 h 3,345 km 96 165,663 km/h 28. xaneiro 10 Denis Hulme McLaren Ford 1:41:02,010 h 5,968 km 53 187,841 km/h 13. xaneiro 11 Emerson Fittipaldi McLaren Ford 1:39:26,290 h 5,968 km 53 190,855 km/h 12. xaneiro 12 Jody Scheckter Wolf Ford 1:40:11,190 h 5,968 km 53 189,429 km/h 9. xaneiro 13 Mario Andretti Lotus Ford 1:37:04,470 h 5,968 km 52 191,813 km/h 15. xaneiro 14 Jacques Laffite Ligier Ford 1:36:03,210 h 5,968 km 53 197,580 km/h 21. xaneiro 15 Alan Jones Williams Ford 1:43:24,380 h 5,968 km 53 183,531 km/h 13. xaneiro 16 Nelson Piquet Brabham Ford 1:34:32,740 h 5,968 km 53 200,731 km/h 12. abril 17 Damon Hill Williams Renault 1:53:14,532 h 4,259 km 72 162,474 km/h 9. abril 18 Damon Hill Williams Renault 1:54:55,322 h 4,259 km 72 160,099 km/h 7. abril 19 Jacques Villeneuve Williams Renault 1:52:01,715 h 4,259 km 72 164,234 km/h 13. abril 20 Michael Schumacher Ferrari Ferrari 1:48:36,175 h 4,259 km 72 169,414 km/h 12. abril RékordsPiloto: Juan Manuel Fangio (4) • País piloto: Arxentina/Reino Unido (ambos 4) • Construtor: Williams (4) • Motor: Ford (9) • Pneus: Goodyear (12)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Gran Premio da Arxentina Oscar Alfredo Gálvez
Ligazóns externas Descripción del Autódromo Más Automovilismo Argentino
Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Circuítos de carreiras da Arxentina