thumb|Vista aérea O Red Bull Ring (chamado anteriormente A1-Ring e antes Österreich-Ring), é un autódromo situado na vila austríaca de Spielberg (Estiria).
O circuíto de carreiras foi fundado como Österreichring e foi sede do Gran Premio de Austria de Fórmula 1 durante 18 anos consecutivos, de a . Máis tarde acurtado e reconstruído foi rebautizado como A1-Ring, foi de novo sede do Gran Premio de Austria desde a . O circuíto quedou obsoleto para a Fórmula Un, polo que foi elaborado un plan para redeseñalo. Foron demolidas algunhas partes do circuíto, incluíndo os pits e a tribuna principal, pero os traballos de construción detivéronse e o circuíto quedou inutilizable durante varios anos antes de que fora comprado e reconstruído polo propietario de Red Bull, Dietrich Mateschitz. Chamado agora Red Bull Ring a pista inaugurouse de novo o 15 de maio de 2011.Vettel, Lauda & Marko on the Red Bull Ring Posteriormente organizou unha rolda da tempada 2011 do DTMAustria back on DTM schedule in '11 e unha rolda do campionato de F2 de 2011.
A pista orixinal
Construído orixinalmente en 1969 para substituír o aburrido e cheo de fochancas Circuíto Aeródromo de Zeltweg, o circuíto de Österreichring era coñecido por ser moi rápido, xa que todas as curvas podían ser tomadas en non menos de 3ª velocidade cunha caixa de cambios de 5 velocidades ou en cuarta cunha caixa de cambios de 6 velocidades, tamén contaba con notables cambios de altitude durante o transcurso dunha volta. Do mesmo xeito que todos os circuítos máis rápidos era un circuíto duro cos motores, pero máis difícil para os pneumáticos, debido ás velocidades tan consistentemente altas. Moitos consideraban que Österreichring era perigoso, especialmente a "Boschkurve", unha curva de 180º graos á dereita, sen case ningunha zona de escape que, en 1986 cando os motores turbos proporcionaban unha potencia de máis de 1400 CV na cualificación, había coches que se achegaban a máis de 320 km/h.
Parte do circuíto era só unha estrada con pouca ou ningunha protección, ata o final do Gran Premio de Austria en 1987, unha carreira que tivo que ser reiniciada dúas veces debido a dous graves accidentes, ambos causados na angosta recta dos pits. Na práctica para a carreira de 1987 Stefan Johansson no seu McLaren sufriu lesións graves, cando chocou a máis de 240 km/h cun cervo que cruzouse no seu camiño no circuíto, cando Johansson coroou unha cume cega antes da curva Jochen Rindt detrás dos boxes.
O aumento das velocidades tamén eran unha preocupación en Österreichring; durante o último Gran Premio celebrado alí en o tempo da pole de Nelson Piquet nos 5´942 quilómetros foi de 1:23.357 establecendo unha marca de velocidade media para o circuíto de 255´756 km/h. Nese momento era a segunda velocidade media nun circuíto de F1 por detrás da pole de Keke Rosberg no Circuíto de Silverstone con 258´9 km/h establecida no Gran Premio do Reino Unido de 1985. Curiosamente, en ambos casos estableceuse cun motor turbo de Williams - Honda.
O piloto americano Mark Donohue morreu logo de chocar na curva Vost-Hugel en . En , a curva Vost-Hugel reforzouse e convértese nunha curva á dereita no canto de dúas curvas a dereita cun pequeno treito entre elas, en 1977 fíxose máis lenta e converteuse na chicane Hella-Licht, pasando de ser a curva máis rápida a ser a curva máis lenta do circuíto. Tamén se sabe que o catro veces Campión do Mundo Alain Prost dixo que todas as pistas pódense modificar pero que Österreichring debía permanecer sen cambios, e que simplemente agregando zonas de escape estaría ben, o que finalmente ocorreu ata o último ano da pista orixinal en 1995. A pista era coñecida por ter moitos accidentes nas saídas das probas (debido aos 1´8 m. de ancho dos coches de Fórmula Un), xa que a recta de meta era moi estreita (uns 9´1 m., comparada con outras rectas de meta que tiñan de 18 a 24 m. de ancho) e non proporcionaba suficiente espazo para os coches que intentaban pasar a outros, especialmente cando os coches se calaban ou se rompían na saída. A morte do piloto Hans-Peter Klampfer logo dunha colisión con outro piloto na curva Bosch (onde ocorreron a maioría das vítimas mortais) e a de Hannes Wustinger logo dun accidente na curva Tiroch, nunha carreira polo campionato de turismos de Austria sentenciaron a decisión de construír un novo circuíto.
O A1-Ring miniatura|left|250px|O vello Österreichring co A1-Ring sobre impresionado (negro), tal como utilizouse entre 1996 e 2003 Os problemas de seguridade de Osterreichring alcanzaran un punto crítico a mediados de 1990, e en 1995 e 1996, foi totalmente reconstruído, no mesmo lugaro, por Hermann Tilke a súa lonxitude reduciuse de 5´942 a 4´326 quilómetros.
Como gran parte dos traballos de construción foron pagados pola compañía de móbiles A1. A pista foi rebautizado como A1-Ring.CIRCUITS: A1 RING Procedeu acoller sete Grandes Premios de Fórmula Un entre e , así como varias carreiras DTM e carreiras de motos en 1996 e 1997.
Novo deseño miniatura|left|250px|Proposed 2005 Red Bull Ring Westschleife extensión As tribunas e edificios dos boxes foron demolidos en 2004, facendo que a pista quedara inutilizable para calquera categoría de automobilismo.
A finais de 2004 e principios de 2005, houbo un intenso debate acerca de se o propietario do circuíto, Red Bull, debía dedicar a outros usos o circuíto, ou volver a ser sede dos deportes de motor. Houbo unha proposta de extensión do circuíto utilizando parte do antigo Österreichring. A partir de xaneiro de 2005, o retorno dos deportes de motor parecía máis improbable que nunca, cando Dietrich Mateschitz anunciou publicamente que el non tiña ningunha intención de gastar diñeiro nun circuíto deficitario.
En 2006, o piloto austríaco Alexander Wurz afirmou que compraría o circuíto e renovaríano, pero a idea non chegou a bo termo.
Ao longo de 2005, se especulou que Red Bull Racing renovaría o circuíto para utilizalo como pista de probas.
En 2007, unhas conversacións entre Red Bull, KTM, VW e Magna International para un neuer Österreichring fracasaron, logo da retirada de VW.Wenig Chance auf neue Spielberg-Partner – oesterreich.ORF.at
A finais de 2008, Red Bull inverteu 70 millóns de euros para comezar a súa reconstrución, e os xerentes da DTM consideraron a volta ao circuíto en 2009.DTM considering return to AustriaSpielberg-Verträge sollen neu verhandelt werden
En setembro de 2010, confirmouse que o circuíto sería a sede dunha carreira da DTM 2011, agora coñécese como o Red Bull Ring.
En novembro de 2010 a F2 anunciou que a 6ª rolda da tempada 2011 de Fórmula 2 da FIA disputaríase no Red Bull Ring.
O circuíto foi inaugurado de novo nun evento especial a fin de semana do 15 de maio e 16 de 2011, que incluíu exhibicións dos diversos equipos patrocinados por Red Bull como Red Bull Racing. O Campionato Histórico de Fórmula Un da FIA foi invitado a disputar unha carreira con coches de Fórmula Un do período dos 3 litros.
En decembro de 2012, Red Bull púxose en contacto coa FIA para comunicarlle que a pista estaba dispoñible para acoller unha carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013, logo do impas trala suspensión do Gran Premio de América.
En xullo de 2013, Red Bull anunciou que o Gran Premio de Austria volvería ao calendario do 2014. Así, confirmouse o 5 de setembro de 2013, cando se presentou o calendario provisional de Fórmula Un de 2014 e se incluíu o Gran Premio de Austria, que se celebrou o 22 de xuño de 2014.
Trazados
Características
Capacidade espectadores: 40.000 Lonxitude do circuíto: 4´318 quilómetros. Recta máis longa: 868 metros Distancia ata a primeira curva: 185 metros Distancia da carreira de Fórmula 1: 71 voltas = 307´146 quilómetros. 8 curvas en total (6 a dereita e 2 a esquerda). Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 315 km/h con DRS, 304 km/h sen DRS Aceleración a fondo: 66% do tempo de volta. Tempo de freado: 14% do tempo da volta. Total de combustible necesario para a distancia de carreira: Consumo de combustible: 1´7 kg por volta. Cambio de marchas por volta: 54 por volta / 3.834 por carreira Número de zonas de freado: Desgaste dos freos: medio Desgaste dos pneumáticos: baixo; agarre: baixo Distancia dos Boxes: Perda de tempo nunha parada en boxes: Tempo total necesario para a parada en boxes: 22 segundos (media) Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): segundos. Marca volta: 1:05.619 ( Carlos Sainz, McLaren-Renault MCL35, )
Voltas rápidas As marcas de voltas rápidas no Red Bull Ring.
ClaseCategoríaTempoPilotoVehículoData Circuíto actual: 4.318 km (2016–presente) / 4.326 km (1996-2016) Non oficial Fórmula 1 1:03.130 Valtteri Bottas Mercedes AMG F1 W09 EQ Power+ Gran Premio de Austria de 2018 ClaseCategoríaTempoPilotoVehículoData Carreira Fórmula 1 1:05.619 Carlos Sainz McLaren MCL35 Gran Premio de Estiria de 2020 MotoGP 1:24.312 Johann Zarco Yamaha YZR-M1 Gran Premio de Austria de motociclismo de 2017ClaseCategoríaTempoPilotoVehículoData Österreichring: 5´941 km (1977–1995) Carreira Fórmula 1 1:23.357 Nelson Piquet Williams FW11 Gran Premio de Austria de 1987 Circuíto orixinal: 5´911 km (1969–1976) Carreira Fórmula 1 1:34.850 Niki Lauda Ferrari 312T Gran Premio de Austria de 1975
Gañadores de campionatos de Fórmula 1 Todos gañadores de carreiras de Fórmula 1 en Spielberg