O pomelo (Citrus × paradisi), é unha árbore da familia das rutáceas cultivada pola súa froita cítrica. É un híbrido, probablemente producido de forma espontánea entre a Citrus maxima e a laranxeira doce (Citrus × sinensis) nas plantacións do mar Caribe ao redor do século XVII.
Características O froito, chamado tamén pomeloVV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 197. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0, é un hesperidio globoso ou apenas piriforme, de ata 15 cm de diámetro. Está recuberto dunha tona grosa, carnosa, despegada do endocarpo, de cor amarela ou rosácea, con glándulas oleosas pequenas e moi aromáticas. Ten de 11 a 14 carpelos, firmes, moi xugosos, doces ou ácidos segundo a variedade, separados por paredes membranosas de característico sabor amargo que conteñen polpa de cor que vai da amarela pálida á vermella moi intensa. As sementes son escasas, de ata 1,25 cm de longo, normalmente poliembriónicas, lisas, elípticas ou apicadas, brancas por dentro.
Principais produtores Os principais países produtores deste cítrico son os EUA, Arxentina, Cuba, Israel, Chipre, Mozambique, México e Suráfrica.
Notas
Categoría:Froitas Categoría:Citrus Categoría:Cítricos Categoría:Híbridos vexetais