miniatura|300 px|dereita|Concellos de Lisboa
O distrito de Lisboa é un distrito portugués pertencente case na súa totalidade á provincia tradicional da Estremadura (agás os concellos da Azambuja e de Vila Franca de Xira que pertencen ao Ribatexo). Limita ao norte co Distrito de Leiria, ao leste co Distrito de Santarém, ao sur co Distrito de Setúbal e ao oeste co océano Atlántico. Abrangue unha área de 2761 km², sendo así o 16º maior distrito portugués. Conta cunha poboación residente de 2 124 426 habitantes (2006), e a súa capital é tamén a de Portugal, a cidade de Lisboa.
O distrito de Lisboa subdivídese nos seguintes 16 concellos:
Alenquer Amadora Arruda dos Vinhos Azambuja Cadaval Cascais Lisboa Loures Lourinhã Mafra Odivelas Oeiras Sintra Sobral de Monte Agraço Torres Vedras Vila Franca de Xira
Até 2002, o distrito estaba totalmente integrado na rexión de Lisboa e Val do Texo, da cal constituía o núcleo principal. Dividíase principalmente e dúas subrexións, Grande Lisboa e Oeste, Lisboa, posuíndo tamén un concello na Lezíria do Texo.
Despois desa data, a rexión de Lisboa e Val do Texo reduciuse en boa medida, e foi renomeada como Rexión de Lisboa. Polo tanto, na actualidade só a subrexión da Grande Lisboa forma parte da Rexión de Lisboa; o Oeste passou para a Rexión Centro, e a Lezíria do Texo, para o Alentexo.
Desta forma, a distribución de concellos en rexións é a seguinte:
Alentexo Lezíria do Texo Azambuja Rexión Centro Oeste, Lisboa Alenquer Arruda dos Vinhos Cadaval Lourinhã Sobral de Monte Agraço Torres Vedras Região de Lisboa Grande Lisboa Amadora Cascais Lisboa Loures Mafra Odivelas Oeiras Sintra Vila Franca de Xira
Patrimonio Mosteiro dos Xerónimos e Torre de Belén, Patrimonio da Humanidade Paisaxe Cultural de Sintra, Patrimonio da Humanidade Palacio Nacional de Mafra Cabo da Roca
Véxase tamén Ligazóns externas Goberno Civil de Lisboa (en portugués)