O distrito de Santarém é un distrito de Portugal, que conforma o núcleo principal da provincia tradicional do Ribatexo, incluíndo tamén concellos pertencentes á Beira Baixa e á Beira Litoral. Limita ao norte co Distrito de Leiria e o Distrito de Castelo Branco, ao leste co Distrito de Portalegre, ao sur co Distrito de Évora e o Distrito de Setúbal e ao oeste co Distrito de Lisboa e o Distrito de Leiria. Abrangue unha área de 6747 km², sendo así o 3º maior distrito portugués. Conta cunha poboación de 445.599 habitantes (2006) e a súa capital é a cidade de Santarém.

O distrito de Santarém subdivídese nos seguintes 21 concellos:

Abrantes Alcanena Almeirim Alpiarça Benavente Cartaxo Chamusca Constância Coruche Entroncamento Ferreira do Zêzere Golegã Mação Ourém Rio Maior Salvaterra de Magos Santarém Sardoal Tomar Torres Novas Vila Nova da Barquinha

Até 2002, o distrito integrábase case totalmente na rexión de Lisboa e Val do Texo, coa excepción de Mação, o único concello que pertencía á rexión Centro e á subrexión do Pinhal Interior Sul. Os restantes concellos constituían dúas subrexións de Lisboa e Val do Texo: Texo Medio e Lezíria do Texo.

Na actual división de Portugal en NUTS II, despois da redefinición das fronteiras e renomeamento da rexión de Lisboa e Val do Texo, o distrito pasou a repartirse entre as rexións Centro e Alentexo. Da Rexión Centro forman parte agora as subrexións do Texo Medio e Pinhal Interior Sul, e ao Alentexo pertence a subrexión da Lezíria do Tejo. dereita|miniatura|300px|O castelo de Almourol no río Texo, preto de Vila Nova da Barquinha. En resumo:

Rexión Centro Texo Medio Abrantes Alcanena Constância Entroncamento Ferreira do Zêzere Ourém Sardoal Tomar Torres Novas Vila Nova da Barquinha Pinhal Interior Sul Mação Rexión Alentexo Lezíria do Texo Almeirim Alpiarça Benavente Cartaxo Chamusca Coruche Golegã Rio Maior Salvaterra de Magos Santarém

Patrimonio Santuario de Nosa Señora de Fátima Castelo e casco vello de Ourém Convento de Cristo (declarado Patrimonio da Humanidade) e castelo templario na vila de Tomar Castelo de Almourol, localizado nunha illa no río Texo Igrexas góticas e catedral de Santarém

Véxase tamén

Ligazóns externas Goberno Civil do Distrito de Santarém (en portugués) Santarém Digital (en portugués) Portal Distrito de Santarém (en portugués) Portal com Informação sobre as empresas do Distrito de Santarém (en portugués)