Canciones prohibidas é o sétimo álbum de estudio do grupo estremeño de rock Extremoduro, gravado e producido por Iñaki "Uoho" Antón e publicado por Lorentzo Records o 28 de setembro do ano 1998.
No 1998, Extremoduro abandona DRO para gravar Canciones prohibidas con Lorentzo Records, aínda que máis tarde volverán á primeira, coa que seguirán publicando.
Poden atoparse neste traballo instrumentacións nunca dadas e que non se volverían dar na discografía de Extremoduro, coa presenza de seccións de vento e corda con bastante frecuencia. Posteriormente o grupo abandonaría estas complexidades para volver á sinxelez e inmediatez dun rock máis rudimentario.
Contido Lista de cancións Canciones prohibidasNºTítuloDuración01"Salir"05:19 02"Esclarecido"06:2303"Érase una vez"04:3504"Golfa"05:5905"Su culo es miel"05:5806"Extraterrestre"03:2807"Autorretrato"07:2308"Enemigo"02:3809"Villancico del rey de Extremadura"03:01
Categoría:Álbums de Extremoduro Categoría:Álbums musicais de 1998