miniatura|Batea na Ría de Vigo. miniatura|Varias bateas na Ría de Vigo. Unha batea é unha estrutura flotante composta dunha estrutura superior de madeira (un tramado de grandes vigas), flotadores de enormes dimensións e cordas perpendiculares á batea que se afunden na auga e onde crecen os produtos. O termo batea provén do árabe battiya, e tamén se usa para se referir a embarcacións planas de madeira e sen quilla, similar ás bateas mexiloneiras, pero empregadas para o transporte.

En España atópanse principalmente nas Rías Baixas, en Galicia.

Fauna e flora Nas bateas crecen os moluscos desexados, mexillóns ou ostras, pero tamén numerosos peixes e outro tipo de moluscos, así como multitude de algas que se adhiren ás cordas. Desta forma, co paso do tempo unha batea acaba sendo un ecosistema moi rico.

Véxase tamén Outros artigos

Miticultura

Ligazóns externas

Como funcionan as bateas?, GCiencia, 10 de agosto de 2017.

Categoría:Acuicultura