Casas do Monte é un lugar da parroquia de Silleda no concello pontevedrés de Silleda. No ano 2011 tiña 8 habitantes, deles 2 eran homes e 6 eran mulleres. Isto supón unha diminución no número de habitantes con respecto ao ano 2000.

Historia Pertencente ata mediados do século XIX á parroquia de San Miguel de Ponte, desde aquela forma parte da parroquia de Silleda. Foi o cuartel xeral das tropas da xurisdición de Trasdeza en 1809, por mor da guerra da independencia española.

En 1936, nos primeiros compases da guerra civil española, foi "paseado" no Monte dos Olmos, próximo a este lugar, Luís Muíños Lorenzo, veciño do Castro e membro do sindicato "Unión Obrera de Ponte".

Poboación Evolución da poboación:

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Silleda

Parroquias de Silleda

Categoría:Lugares de Silleda