San Cristovo de Regodeigón é unha parroquia do concello de Ribadavia, na provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2023 tiña 372 habitantes (188 homes e 184 mulleres).

Algunhas fontes aínda asignan esta parroquia ao concello de Beade:Ficheiro:Galicia250k Parroquial 400dpi comp9O.png, ao que pertenceu até o primeiro terzo do século XX. De feito, segundo os límites oficiais marcados polo Instituto Xeográfico Nacional, a maioría desta freguesía atópase no concello de Beade, a excepción dunha pequena parte ao oeste, que está en Carballeda de Avia. Non obstante, para o Catastro, a parroquia áchase integramente no concello de Ribadavia.

Lugares e parroquias Lugares de San Cristovo de Regodeigón

Parroquias de Ribadavia

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribadavia

Categoría:Parroquias de Ribadavia Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo