Vasco Fernandez Praga (tamén, Vasco Fernández Praga de Sandín ou Vasco Praga) foi un trobador galego do século XIII.

Traxectoria Descoñécese a súa data e lugar de nacemento aínda que sábese que é galego porque no Livro de Linhagens de don Pedro así o di: natural de Galliza e muy boom trovador. Crese que puido chegar a Portugal ao servizo de Gil Vásquez Soverosa. Casou coa nobre Teresa Martins Mogudo de Sandín, e acadou tamén o status de nobre. Asentouse en Vizela e viviu, polo menos, até o ano 1258.

Obra Conservamos del un total de 29 textos: 25 cantigas de amor e 4 cantigas de amigo.

Notas

Categoría:Trobadores en galego-portugués

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos