O termo anel adoita referirse a algo en forma de circunferencia, pódese referirise a: Anel: aro que se leva como adorno nos dedos da man (sortella) ou serve para pendurar algo (argola). Anel Único: instrumento de dominio da novela de Tolkien O Señor dos Aneis. Anel de Claddagh: anel tradicional irlandés entregado como símbolo de amizade ou como arra nupcial. Aneis olímpicos: un dos símbolos olímpicos. En xeometría pódese referir a unha coroa circular. En matemáticas, un anel é unha estrutura alxébrica. En micoloxía, un anel ou annulus, é unha estrutura que presenta ás veces o pé dos cogomelos. En zooloxía, un anel, é cada un dos segmentos en que está dividido o corpo dos artrópodos e dalgúns vermes. En botánica, un anel é cada un dos círculos concéntricos que forman o tronco dunha árbore. En astronomía, un anel é a formación que arrodea un planeta e xira arredor del, coma os aneis de Saturno. En química, un anel é unha representación poligonal dunha cadea pechada de átomos nunha molécula. Anel aromático. En lingüística, un anel é un signo diacrítico con forma de círculo (°).

Categoría:Homónimos