miniatura|dereita|Pedro V de Portugal Pedro V de Portugal, alcumado o Esperanzado, nado en Lisboa o 16 de setembro de 1837 e finado o 11 de novembro de 1861, foi rei de Portugal entre 1853 e 1861. Traxectoria

Foi o fillo máis vello da raíña María II e do rei consorte Fernando II. Pedro V foi un rei traballador que, guiado polo seu pai, realizou unha modernización radical no Estado portugués e nas súas infraestruturas. Durante o seu reinado, construíronse estradas, telégrafos e vías férreas; tamén se realizaron melloras na saúde pública.

Estas melloras, con todo, non serviron para salvar a vida do novo rei que morreu de cólera en 1861. Estaba casado coa princesa Estefanía de Hohenzollern-Sigmaringen pero non tiveron fillos, así que o trono pasou ao seu irmán Lois.

Categoría:Reis de Portugal Categoría:Dinastía de Bragança Categoría:Nados en 1837 Categoría:Finados en 1861