miniatura|Annaba Annaba (ِسياحة, en árabe) é unha cidade no nordeste de Alxeria, preto do río Wadi Seybouse e da fronteira de Tunisia. É a capital da provincia de Annaba. En 2004 tiña 235.100 habitantes.

Historia Fundada coma unha colonia fenicia no século XII a.C. Durante a época romana a cidade chamábase Hippo Regius. Foi un centro de difusión do primeiro cristianismo, e Agostiño de Hipona foi bispo da cidade entre o 396 e o 430.

A cidade ten unha universidade, con 40.000 estudantes. O porto de Annaba é o primeiro porto industrial alxeriano.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web non-oficial de Annaba (en francés)

Categoría:Cidades de Alxeria Categoría:Cidades do Mediterráneo