Os marcomanos (marcomanni en latín) eran un tribo xermana, probabelmente relacionados cos suevos ou suevi.
Etimoloxía Eruditos contemporáneos cren que o seu nome deriva dunha destes dúas posíbeis fontes:
1) Formas do antigo xermano de Marca (fronteira) e man (home, así en inglés). 2) O tribo tomou o nome do capitán romano Marco Romano que desertou das lexións de Druso o Maior durante a súa campaña en Xermania no -13 e que se cría que unificara unhas tribos xermánicas nunha razoabelmente cohesiva forza de ataque. Druso o Maior atacounos no -9, forzándoos dentro da Bohemia de hoxe en día. Nesa rexión o seu rei Marbod estableceu un poderoso reino que César Augusto percibiu como unha ameaza para Roma. Eventualmente Marbod foi desposuído e exiliado por Catualda (-19).
Historia No século II, entraron nunha confederación xunto cos cuados, vándalos e sármatas contra Roma, probabelmente por maiores movementos tribais, como os godos. De acordo co historiador Eutropio, as forzas do emperador Marco Aurelio batallaron contra a confederación marcomana por tres anos no forte de Carnuntum en Panonia. Comparou a guerra e o triunfo de Marco Aurelio contra os marcomanos e os seus aliados coas guerras púnicas. A comparación foi xusta en tanto que esta guerra marcou un punto decisivo e tivo significativas derrotas romanas. Comezou no 166 e durou ata a morte de Marco Aurelio en 180, comprendendo as derrotas e a morte de dous comandantes da Garda Pretoriana. Foi, de feito, só un pequeno éxito, xa que desde o seguinte século en adiante o Danubio foi o principal fronte de batalla romano ata o colapso do Imperio Romano de Occidente no século V.
Véxase tamén Outros artigos Guerras Marcomanas Historia de Portugal Gallaecia Galicia Historia de España
Ligazóns externas Cesar, De Bello Gallico (en latín) Tácito, Germania (en latín) Tácito, Annales (en latín)
Categoría:Pobos xermánicos