miniatura|Os Reis Católicos. miniatura|Isabel de Castela.

Os Reis Católicos foi a denominación que recibiron os reis Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela, soberanos da Coroa de Castela (1474-1504) e da Coroa de Aragón (1479-1516).

Os Reis accederon ao trono de Castela trala Guerra de Sucesión castelá (1475-1479) contra os partidarios da princesa Xoana de Castela, filla do rei Henrique IV de Castela. En 1479 Fernando herdou o trono de Aragón ao morrer o seu pai, o rei Xoán II de Aragón. Isabel e Fernando reinaron xuntos ata a morte dela en 1504. Entón Fernando quedou unicamente como rei de Aragón, pasando Castela á súa filla Xoana, alcumada "a Tola", e ao seu marido Filipe de Austria, alcumado "o Fermoso", Arquiduque de Austria, duque de Borgoña e conde de Flandres. Con todo Fernando non renunciou a controlar Castela e, tras morrer Felipe en 1506 e ser declarada Xoana incapaz, conseguiu ser nomeado rexente do reino ata a súa morte en 1516.

A historiografía española considera o reinado dos Reis Católicos como a transición da Idade Media á Idade Moderna. Co seu enlace matrimonial uníronse provisionalmente, na dinastía dos Trastámara, dúas coroas: a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón dando nacemento ao Imperio Español e, apoiados polas cidades e a pequena nobreza, estableceron unha monarquía forte fronte ás apetencias de poder de eclesiásticos e nobres. Coa conquista do Reino de Granada, do Reino de Navarra, de Canarias, de Melilla e doutras prazas africanas conseguiron a unión da totalidade dos territorios que hoxe forman España –exceptuando Ceuta e Olivenza que entón pertencían a Portugal–; a unión caracterizouse por ser persoal, xa que se mantiveron as soberanías, normas e institucións propias de cada reino e coroa.

Os Reis estableceron unha política exterior común marcada polos enlaces matrimoniais con varias familias reais de Europa que resultaron na hexemonía dos Habsburgo durante os séculos XVI e XVII.

Por outra banda, o descubrimento de América, en 1492, modificou profundamente a historia mundial.

Matrimonio A parella casou no Palacio dos Vivero de Valladolid o 19 de outubro de 1469, ela con 18 anos e el con 17, pasando a súa lúa de mel no Castelo de Fuensaldaña situado na actual provincia de Valladolid.

Como eran curmáns segundos, para que o seu matrimonio fose recoñecido pola Igrexa necesitaban unha dispensa do papa, que os seus partidarios solicitaron de xeito insistente a Paulo II.Luis Suárez Fernández. Los Reyes Católicos: La Conquista del trono, T1, 1989. Como este se negou a outorgala, utilizaron unha bula falsa. Para algúns, o autor da falsificación foi Alfonso Carrillo de Acuña, arcebispo de Toledo,, p.207 mentres que outros sosteñen que a debeu redactar o legado pontificio Antonio Veneris., p.25

Política interior miniatura|Concordia de Segovia (15 de xaneiro de 1475) pola que os príncipes Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela acordaron as competencias para o futuro goberno dos seus reinos. Conservada no Arquivo Xeneral de Simancas (España). miniatura|Cuádruplo ducado de (ouro), en cuxo anverso aparecen os bustos afrontados de Fernando e Isabel, cun 4, que expresa o valor, rodeados pola frase en latín: FERNANDVS:ET:HELISABET:REX:ET:REGINA ('Fernando e Isabel Rei e Raíña'). No reverso figura un escudo coas armas de Castela-León e Aragón-Sicilia, e Granada en punta, coroado e recollido pola aguia de San Xoán, cun acueduto como marca de fábrica de moeda e ao redor a lenda: SVB:VMBRA:ALARVMTVARUM:PROT. (Sub umbra alarum tuarum protege nos, 'Baixo a sombra das túas ás, protéxenos').Faustino Menéndez Pidal de Navascués, «Tanto monta. El escudo de los Reyes Católicos», en Luis Suárez Fernández, Isabel la Católica vista desde la Academia, Real Academia de la Historia de España, (Estudios, 16), 2005, páx. 109. ISBN 978-84-95983-65-7 Loita polo trono

A Guerra de Sucesión castelá foi o conflito bélico que se estendeu entre 1475 a 1479 na que se disputaron a sucesión da Coroa de Castela a filla do falecido rei Henrique IV de Castela, chamada Xoana de Castela ou Xoana de Trastámara e a medio irmán do monarca, Isabel. A guerra foi un conflito internacional xa que Isabel estaba casada con Fernando, herdeiro da Coroa de Aragón, mentres que Xoana casou co rei Afonso V de Portugal. Pola súa banda Francia tamén interveu no enfrontamento, apoiando a Portugal para evitar que Aragón, o seu rival en Italia, se unise a Castela.

A batalla de Toro librada o 1 de marzo de 1476 foi, máis que unha vitoria militar, un triunfo para o matrimonio de Isabel e Fernando que foi recoñecido nas Cortes de Castela de Madrigal de las Altas Torres, levadas a cabo entre abril e outubro de 1476 e a súa filla, a infanta Isabel de Aragón xurada herdeira da coroa de Castela. Porén, foi decisiva para os portugueses a batalla naval de Guinea de 1478, librada no océano Atlántico, e onde os lusitanos impuxéronse á frota castelá na loita polo acceso ás riquezas de Guinea que significaban os mercados de ouro e de escravos.

A guerra concluíu en 1479 coa firma do Tratado de Alcáçovas, pola que Isabel e Fernando foron recoñecidos como reis de Castela, perdendo Xoana todo dereito ao trono e Portugal obtiña a hexemonía no Atlántico, coa excepción das illas Canarias.

Institucións políticas Dado que a unión da Coroa de Castela e a Coroa de Aragón era só dinástica, as institucións dos reinos que as formaban, máis o Reino de Navarra desde a súa anexión en 1512, mantiveron as súas institucións e leis propias.Tau Anzoátegui, Víctor - Martiré, Eduardo. Manual de historia de las instituciones argentinas. Buenos Aires. Macchi, 1996.

Coroa de Castela miniatura|Virxe da Misericordia cos Reis Católicos e a súa familia, táboa atribuída a Diego de la Cruz e conservada no Mosteiro de Santa María La Real de Las Huelgas (Burgos). Na pintura se poden ver os retratos dos Reis Católicos e a súa familia baixo o manto da Virxe. Nos reinos de Castela e de León, desde o século XIII, con Afonso X, comezouse un proceso de concentración de poder na Coroa, en detrimento da nobreza, coa creación de institucións que outorgaban un maior control sobre o territorio e un aumento dos ingresos fiscais. Esta transformación culminou co reinado de Isabel e Fernando e a creación do Estado Moderno.

A principal institución de goberno foi o Consello Real, que se remodelou nas Cortes de Toledo de 1480, facéndoo máis estruturado e dividíndoo en partes. Os reis delegaron algunhas decisións nel e pronto se creou un Consello de Aragón e un Consello de Ordes Militares. Ademais, empezóuselles a dar preferencia de entrada aos letrados fronte á nobreza.

Trala conquista do reino de Granada formouse a Audiencia de Granada e produciuse un aumento na facenda castelá debido aos impostos e aos señoríos procedentes da repartición do territorio conquistado.

Para controlar o bandoleirismo nos camiños, e en xeral o furto, reinstaurouse, en 1476, a Santa Irmandade (precursora da actual Garda civil), que sería a primeira policía estatal de Europa. Grazas aos impostos que recadaba esta institución, a Coroa aumentou de xeito significativo os seus ingresos, cos que puido gobernar máis folgadamente e así prescindir das Cortes.

Coroa de Aragón A Coroa de Aragón, en cambio, apenas se modificou. Tiña un sistema de goberno moi ríxido en cada un dos territorios que a compoñían (reino de Aragón, reino de Valencia, reino de Mallorca, reino de Sardeña, reino de Sicilia, condado de Barcelona, condado de Rosellón e condado de Cerdaña), cunha serie de privilexios da nobreza que limitaban moito o poder do rei. Os ingresos obtíñanse por aprobación das Cortes de cada territorio, que eran practicamente controladas pola nobreza e o clero. Coa asociación da Coroa ao reino de Castela, Fernando puido contar cos ingresos fiscais casteláns (que eran moito máis abundantes) para non convocar as Cortes.

Maior poder deuse aos lugartenentes da zona e o establecemento do sorteo electoral, que consistía en sacar dunha bolsa un papel co candidato proposto. Esta innovación permaneceu por 30 anos máis, cando o rei morreu quedando no esquecemento.

Nos municipios de señorío instauráronse os corrixidores, a autoridade no ámbito municipal, que existía en Castela desde 1393.

Política relixiosa miniatura|La Virgen de los Reyes Católicos, pintada entre 1491 e 1493. Á dereita da Virxe María, o rei Fernando II de Aragón e o príncipe de Asturias, Xoán de Aragón (co inquisidor); á esquerda, a raíña Isabel I de Castela, coa infanta Isabel. De pé, están san Tomás de Aquino, sostendo a Igrexa, e san Domingo de Guzmán, cun libro e unha palma. Xunto ao afán dos Reis Católicos de estender o seu dominio a todos os reinos da Península Ibérica, o seu reinado caracterizouse pola unificación relixiosa en torno ao cristianismo. O Papa Inocencio VIII concedeu aos Reis Católicos o dereito de padroádego sobre Granada e as Canarias, o que supoñía o control do estado nos asuntos relixiosos.

Unha bula do papa Sisto IV, en 1478, creou a Inquisición en Castela -en Aragón existía desde 1248- para un control da pureza da fe. Deste xeito, a Inquisición, foi a única institución común para os dous reinos. Foi moi dura a etapa na que frei Tomás de Torquemada estivo á súa fronte como Inquisidor xeneral.

En 1492, os Reis decretaron a conversión forzosa ao cristianismo dos xudeus dos seus reinos -chamándoos "marranos"- e a expulsión ou execución dos que se negasen. Dez anos máis tarde tamén obrigaron aos musulmáns a se converteren ao cristianismo –pasándose a chamalos "mouriscos"– ou a abandonar Castela.

Instituíron tamén unha embaixada permanente ante a Santa Sé.

Economía e sociedade A base económica durante o reinado dos Reis Católicos estaba na agricultura, a gandería lanar e a exportación de materias primas en Castela. Para defender a riqueza que supoñía a la, os Reis concederon privilexios á Mesta coa Lei de Defensa dos Canellóns (en castelán, Ley de Defensa de las Cañadas) de 1489, ameazadas polos agricultores. Protexeuse os artesáns por medio do comercio interno.

Social e economicamente favoreceron medianamente á alta nobreza, en recompensa pola lealdade e que achegaron homes e recursos económicos para facer fronte aos conflitos bélicos, e que aumentou o seu poder económico cos señoríos granadinos. As Leis de Toro, de 1505, fortaleceron a institución do morgado.

En Cataluña solucionouse o problema dos paieses de remensa coa Sentenza Arbitral de Guadalupe de 1486, que suprimiu os malos usos e obrigou aos campesiños a pagar novos impostos.

Política exterior O éxito da política exterior expansionista levada a cabo por Fernando e Isabel foi posible grazas a unha serie de factores: A iniciativa diplomática do rei Fernando continuou a política tradicional da Coroa de Aragón, cos seus intereses postos no mar Mediterráneo e en rivalidade con Francia, que con todo nunca fora inimiga de Castela. A diplomacia do reino de Castela estivo orientada principalmente cara ao océano Atlántico e a súa expansión ultramarina cara ao Novo Mundo. A eficiencia do exército da Coroa ao mando de Gonzalo Fernández de Córdoba, coñecido como o Gran Capitán. Fernández de Córdoba reorganizou as tropas militares sobre unha nova unidade de combate, o terzo, ou terzos reais, que supuxo a creación do primeiro exército moderno dependente da coroa, prescindindo das mesnadas dos nobres.Crónicas del Gran Capitán (1908), por Antonio Rodríguez Villa. A política matrimonial dos reis. En 1502 herdaron o título de Emperador e Autócrata dos Romanos.

Política matrimonial miniatura|Contrato matrimonial entre Xoana I de Castela e Felipe o Fermoso (1495). Arquivo Xeneral de Simancas.

A política matrimonial dos Reis Católicos, consistente en casar os seus fillos cos doutros monarcas europeos, foi a que aplicaban comunmente os gobernantes do fin da Idade Media e comezo da Idade Moderna. No seu caso orientáronse principalmente á alianza con Portugal e á creación dunha coalición contra Francia.