Brega é un xénero musical popular brasileiro. O termo, orixinalmente considerado de carácter pexorativo e discriminatorio, foi sendo incorporado e asumido, perdendo gradualmente co tempo este significado.

Historicamente, os maiores cantantes do lexítimo xénero brega están no nordeste brasileiro, sendo o pernambucano Reginaldo Rossi e o cearense Falcão, dous dos seus maiores representantes na actualidade, sendo que o último segue unha liña de brega humoristico.

Eventualmente, aínda se confunde o brega con outros ritmos que posúen en común con el a característica do romanticismo excesivo, como o pagode moderno, porén sen conservar as características propias do auténtico brega. Véxase tamén Ligazóns externas Música brega: expressão de um "Brasil grande" da era militar

Categoría:Xéneros musicais