dereita|miniatura|José Cordeiro, arcebispo desde 2021. A arquidiocese de Braga é unha arquidiocese con sé eclesiástica na catedral de Braga.

Historia Data do século III, sendo coñecido do primeiro período da súa historia só o Bispo Paterno cuxo nome figura nas actas do Concilio de Toledo de 400. Non obstante, a tradición fai de San Pedro de Rates o primeiro bispo da cidade, cerca do ano 45 da nosa era.

Xa neste primeiro período tiña dignidade metropolítica, con xurisdición sobre todo o noroeste da Península (Galécia), e dela dependían os bispados de Conímbriga, Viseu, Dume, Lamego, Porto e Egitânia. Do período suévico-visigótico coñécense os nomes de 12 Prelados bracarenses. Canda a invasión musulmá, Braga ficou no dominio dos infieis: e os seus bispos pasaron a residir en Lugo.

Tras a reconquista cristiá, foi definitivamente restaurada a Arquidiocese (1070) polo rei García de Galiza, tomando o seu arcebispo o título de metropolita de Braga. Despois de contendas coa sé de Compostela, o papa Pascual II dá en 1103 a Braga como sufragáneas as dioceses de Porto, Coímbra, Lamego e Viseu (en Portugal), e cinco máis no territorio actual de España.

Célebre ficou tamén a contenda con Toledo sobre a primacía. Aínda hoxe o arcebispo de Braga usa o título de Primaz das Espanhas. Nos fins do século XIV, as dioceses dos reinos de León e Galiza deixaron de prestar obediencia a Braga. A área da arquidiocese foi posteriormente reducida coa creación das dioceses de Miranda (1545), Braganza (1770), Vila Real (1922) e Viana do Castelo (1977) e aínda pola anexión á de Braganza-Miranda do Arcediagado de Moncorvo (1881). De igual forma, a elevación de Lisboa a arquidiocese en 1394 subtraeu do seu control as antigas sufragáneas do sur do país.

Entre as particularidades máis notábeis desta sé, considerada das máis antigas da Península Ibérica, está a de posuír un rito litúrxico propio (bracarense), semellante ao romano; cando da reforma litúrxica tridentina, Braga puido manter os seus libros, por teren máis de 200 anos e polo coidado que tivo niso o Arcebispo D. Frei Bartolomeu dos Mártires. Despois dalgunhas terxiversacións resultantes da tentativa de introducir o rito romano, o bracarense foi restaurado polo Sínodo de 1918: os novos breviario e misal, aprobados por bulas de 1919 e 1924 respectivamente, tornáranse obrigatorios en toda a arquidiocese en 1924.

O rito bracarense permanece válido, mesmo despois da reforma litúrxica do Concilio Vaticano II, mais o seu uso tornou facultativo, desde esta reforma, o 18 de novembro de 1971.

Actualmente, a arquidiocese cínguese ao distrito de Braga e ás trinta parroquias do Porto situadas ao norte do río Ave, nos concellos de Santo Tirso, Póvoa de Varzim e Vila do Conde. Abrangue 551 parroquias, agrupadas en 14 arciprestados, nunha área de 2.832 km², con cerca de 1 000 000 de habitantes. Os arciprestados, á súa vez, forman tres zonas pastorais. Esta organización conflúe para o vértice da pastoral na arquidiocese, con tres órganos consultivos (Consello Presbítero, Consello Pastoral e Colexio Arciprestal) e un executivo (o Consello Episcopal).

Lista de Bispos de Braga A seguir, preséntase unha listaxe co nome dos bispos da arquidiocese de Braga. Os bispados considerados lendarios van sinalados cun asterisco:

San Pedro de Rates (45-60) * Basilio (60-95) * Santo Ovídio (95-130) * Policarpo (130-200) * Serfriano (200-230) * Fabián (230-245) * Félix (245-263) * Secundo (263-268) * Caledonio (268-270) * Narciso (270-275) * Paterno I (275-290) * Grato (290-299) * Salomón (299-300) * Sinagrio (300-326) * Lenoncio (326-328) * Apolonio (328-366) * Idacio I (366-381) * Lampadio (381-400) * Paterno II (400-405), primeiro bispo historicamente referenciábel Profuturo I (405-410) * Pancraciano (410-417) * Balconio (417-456) Valerio (456-494) * Idacio II (494-518) * Apolinario (518-524) * Castino (524-525)* Valério (525-527) * Ausberto (527-537) * Xulián I (537-538) * Profuturo II (538-550) Eleuterio (550-561) * Lucrecio (561-562) Martiño de Dumio, Apóstolo dos Suevos (562-579) Pantardo (580-589) Benigno (589-612) * Tolobeu (612-633) * Xulián II (633-653) Potamio (653-656) Froitoso de Braga (656-660) Manucino (660-661) * Pancracio (661-675) * Leodegísio Julião ou Leodecísio Julião (675-678) Liúva (678-681) Quirico (681-687) * Faustino (688-693) San Félix Torcato (693-734), último bispo residente en Braga até a elevación arquiepiscopal en 1070, debido á invasión musulmá da Península Ibérica; os seus sucesores estabelecéronse en Lugo San Vítor de Braga (734-736) Eronio (736-737) * Hermenexildo (737-738) * Tiago (738-740) * Odoario (740-780) Ascárico (780-811) * Arximundo (821-832) * Nostiano (832) * Ataúlfo (832-840) Ferdizendo (840-842) * Dulcidio (842-850) * Gladila (850-867) Gomado (867-875) * Flaviano Recaredo (875-881) Flaiano (881-889) * Arximiro (889-910) * Teodomiro (910-924) * Hero (924-930) Silvatano (930-942) * Gundisalvo ou Gonzalo (942-950) Hermenexildo (951-985) Pelagio ou Paio (986-1003) Diogo ou Tiago (1003-1004) Flaviano (1004-1017) Pedro (1017-1058) Maurelo (1058-1060) Sigefredo (1060) Vistrario (1060-1070)

Lista de arcebispos de Braga Pedro (I) de Braga (1071 - 1091) Xiraldo de Moissac (1096 - 1108) Mauricio Burdino (1109 - 1118) Paio Mendes (1118 - 1137) Xoán(I) Peculiar (1139 – 1175) Godiño (1176 - 1188) Martiño (I) Pires (1189 - 1209) Pedro (II) Mendes (1209 - 1212), electo Estevo Soares da Silva (1213 - 1228) Sancho (I) (1229) Silvestre Godiño (1229 - 1240) Gualterio (1240 - 1245) Xoán (II) Egas (1245 - 1251) Sancho (II) (1251 - 1265) Martiño (II) Geraldes (1265 - 1271) Pedro (III) Xulián (1272 – 1274), electo Sancho (III) (1275) Cardeal Ordoño Alvares (1275 – 1278) Frei Telo (1279 - 1292) Martiño (III) Pires de Oliveira (1295 - 1313) Xoán(III) Martins de Soalhães (1313 - 1325), antes bispo de Lisboa Gonzalo Pereira (1326 - 1348), antes bispo de Évora e bispo de Lisboa Guillerme de la Garde (1349 - 1361) Xoán(IV) de Cardaillac (1361 - 1371) Vasco (1371 - 1372), antes bispo de Lisboa Martinho (IV) de Zamora (1372), electo, non confirmado polo Papa; tamén bispo de Silves e bispo de Lisboa Lourenço Vicente (1374 - 1397) Xoán(V) García Manrique (1397 - 1398) Martinho (V) Afonso de Miranda ou Martinho Afonso da Charneca (1398 - 1416), antes bispo de Coímbra Fernando da Guerra (1417 - 1467), antes bispo do Algarve e do Porto Luís (I) Pires (1468 - 1480) João (VI) de Melo (1481) João (VII) Galvão (1482 - 1485), electo, tamén bispo de Coímbra-conde de Arganil Jorge (II) Vaz da Costa (1486 - 1501) Cardeal Jorge (III) da Costa (1501 - 1505), dito Cardeal da Alpedrinha, administrador da diocese a partir de Roma Diogo (I) de Sousa, bispo do Porto e arcebispo de Braga (1505 - 1532) Cardeal Infante D. Henrique de Portugal (1533 – 1540) Frei Diogo (II) da Silva, O.F.M. (1540 - 1541) Duarte de Portugal, arcebispo de Braga (1542 - 1543) Manuel (I) de Sousa (1545 - 1549) Frei Baltasar Limpo (1550 - 1558) Frei Bartolomeu Fernandes dos Mártires, O.P. (1559 – 1581) João (VIII) Afonso de Menezes (1581 - 1587) Frei Agostinho de Jesus (1588 - 1609), nado Pedro de Castro Frei Aleixo de Menezes (1612 – 1617) Afonso Furtado de Mendonça (1618 - 1626), tamén bispo da Guarda, bispo de Coímbra-conde de Arganil, arcebispo de Lisboa e vice-rei de Portugal Rodrigo (I) da Cunha (1627 – 1635), tamén arcebispo de Lisboa Sebastião de Matos de Noronha (1635 – 1641), tamén bispo de Elvas; sospeitoso de conxura contra D. João IV Pedro (IV) de Lencastre (1654-1670), antes bispo da Guarda e arcebispo de Évora e despois 5.º Duque de Aveiro, non confirmado polo Papa; Veríssimo de Lencastre (1670 – 1677) Luís (II) de Sousa (1677 – 1690) José (I) de Menezes (1690 – 1696) João (IX) de Sousa (1696 – 1703), despois arcebispo de Lisboa Rodrigo (II) de Moura Teles (1704 – 1728) Cardeal João da Mota e Silva (1732), electo, non obtivo confirmación pontificia José de Braganza (1741 – 1756) Gaspar de Braganza (1758 – 1789) Frei Caetano Brandão, T.O.R. (1790 – 1805) José (III) da Costa Torres (1807 - 1813) Frei Miguel da Madre de Deus da Cruz, O.F.M. (1815 – 1827) Pedro (V) Paulo de Figueiredo da Cunha e Melo (1843 – 1855) José (IV) Joaquim de Azevedo e Moura (1856 – 1876) Frei João (X) Crisóstomo de Amorim Pessoa, O.F.M. (1876 – 1883) António (I) José de Freitas Honorato (1883 – 1898) Manuel (II) Baptista da Costa (1899 – 1913) Manuel (III) Vieira de Matos (1915 – 1932) António (II) Bento Martins Júnior (1933 – 1963) Francisco Maria da Silva (1963 – 1977) Eurico Dias Nogueira (1977 – 1999) Jorge (IV) Ferreira da Costa Ortiga (1999 - 2021) José Manuel Garcia Cordeiro (2021 - )

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Braga Braga Braga