Ramón d'Andrés ou Ramón de Andrés Díaz, nado en Madrid o 28 de maio de 1959, é un filólogo vencellado ao estudo da lingua asturiana.
Traxectoria É fillo do escritor popular en asturiano Manuel d'Andrés Fernández "Mánfer de la Llera" (1918-2005). Criouse en Xixón, cidade onde viviu boa parte da súa vida.
É profesor titular de Filoloxía Española e Asturiana na Universidade de Oviedo, onde comezou a impartir a primeira a materia de Lingua Asturiana en 1985 e onde leu a súa tese de doutoramento, a primeira feita sobre sociolingüística asturiana e redactada nesta lingua en 1988. As súas pescudas téñense centrado sobre todo en aspectos gramaticais, dialectolóxicos e sociolingüísticos da lingua asturiana. Desenvolve tamén un intenso labor de divulgación en libros, ensaios e artigos de prensa.
É autor, xunto con Fernández Álvarez-Balbuena, Xosé Miguel Suárez Fernández y Miguel Rodríguez Monteavaro, do atlas lingüístico ETLEN (Estudio da Transición Lingüística na Zona Eo-Navia, Asturias, 2017), unha obra de dialectoloxía na fronteira entre o galegoportugués e o asturleonés, que inclúe unha investigación de horiometría dialectal (medición matemático-estatística da fronteira entre dous dominios lingüísticos) e de dialectometría segundo a Escola de Salzburgo.
É membro numerario da Academia da Lingua Asturiana, en cuxo seo traballou intensamente nas Normes Ortográfiques, na Gramática de la Llingua Asturiana e no Diccionariu de la Llingua Asturiana.
Foi presidente da Fundación Caveda y Nava, entidade que traballou durante os anos 2002 e 2016 na procura do consenso lingüístico en Asturias. É coordinador do grupo de investigación Seminariu de Filoloxía Asturiana, da Universidade de Oviedo.
No período gobernamental 2003-2007 exerceu o cargo de Xefe da Oficina de Política Lingüística do Principado de Asturias. É membro da Xunta Asesora de Toponimia do Principado de Asturias, da que foi secretario no período mencionado.
Obra Libros
Allugamientu de los pronomes átonos col verbu n’asturianu (1993) Encuesta sociollingüística nuna parroquia asturiana (Deva-Xixón) (1993) Gramática práctica de asturiano (1997) Vocabulariu asturianu de la mina (1997, coautor xunto con Manuel d'Andrés Reivindicación llingüística: unes reflexones (2002) Cuestiones d’asturianu normativu (3 vols., 2001-2003) Juicios sobre la lengua asturiana. Algunas cuestiones básicas acerca del debate lingüístico en Asturias (2002) Diccionario Toponímico del Concejo de Gijón (2008) L'asturianu que vien. Observaciones y suxerencies sobre l'asturianu normativu y el so usu (2008). Palabres nueves n’asturianu. Proyectu Observatoriu Asturianu de Neoloxía y Terminoloxía (AsturNeo). Informe de los años 2010, 2011 y 2012 (2013). Franco nos diccionarios y otres impertinencies alredor del llinguaxe y les llingües (2013). Gramática comparada de las lenguas ibéricas (2013). Estudiu de la Transición Llingüística na Zona Eo-Navia, Asturies (ETLEN). Atles llingüísticu dialectográficu - horiométricu - dialectométricu, (2017), coautor junto con Fernándo Álvarez-Balbuena, Xosé Miguel Suárez Fernández y Miguel Rodríguez Monteavaro. Averamientu a la llingua asturiana. Nivel universitariu (2019).
Categoría:Lingüistas de Asturias Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1959 Categoría:Membros de número da Academia de la Llingua Asturiana