Honorato V, nado en París o 4 de maio de 1778 e finado en París o 2 de outubro de 1841, foi príncipe rexente de Mónaco de 1815 a 1819, e príncipe reinante desde o 16 de febreiro de 1819. Fillo de Honorato IV e de Louise Félicité Victoire d'Aumont, duquesa de Mazarin e da Meilleraye. Tivo unha filla ilexítima que pasado o tempo chegou a recoñecer, pero nunca casou.

Categoría:Príncipes de Mónaco Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1778 Categoría:Finados en 1841 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra