"M" o sinxelo número 19 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki lanzado oficialmente ó mercado o 13 de decembro do 2000 no Xapón. É unha das cancións máis famosas e representativas da cantante, que no momento do súe debut, logrou alcanzar o primeiro lugar das listas nipoas e vender máis de 1 319 000 copias unicamente no Xapón sendo no ano 2002 relanzado nunha versión de remesturas agás a versión orixinal, nalgúns países de Europa como Alemaña e Bulgaria, e tamén en España en formato de single promocional.
Significado
O contido da canción básase principalmente en sentimentos de despeito, de soidade, de ser ferido pola persoa que amas, e a pesar diso, non a podes deixar de amar. Tamén faise mención a Maria á que a cantante envíalle o mensaxe, os rumores din que Ayumi fálalle a María Magdalena, mentres que outros afirman que refírese a Virxe con este nome.
Vídeo
O vídeo musical de M transcorre dentro dunha solitaria igrexa católica, onde Ayumi canta mentres se aferra a cruz que colga do seu pescozo. Ábrense as portas e aparece un espírito, representado pola mesma Ayumi vestida de branco, a representación podería suxerir a aparición da Virxe María. Tamén vense tomas de fora da igrexa onde a cantante toca xunto a súa banda mentres canta mirando ó ceo. En xeral é un vídeo cheo de simbolismos relixiosos, nun contexto simple e calidade fotográfica. Foi dirixido por Wataru Takeishi.
Lista de temas
# Título 1. M 2. M (Dub's Hard Pop Remix) 3. SEASONS (Yuta's weather report mix) 4. M (nicely nice winter parade remix) 5. Far away (Laugh & Peace MIX) 6. M (REWIRED MIX) 7. M (SMOKERS MIX) 8. M (RANK-M Mix) 9. M (NEUROTIC EYE'S Mix) 10. M (Instrumental)
Categoría:Sinxelos de 2000