miniatura|300px|dereita|Paso a nivel con barreiras automáticas en Amusco (Palencia) miniatura|300px|dereita|Paso a nivel en Pikkarala (Finlandia) Un paso a nivel é a intersección dunha vía de tránsito estradeiro non diferenciada en altimetría cunha vía de ferrocarril, o cal esixe que deba estar debidamente sinalizado para que non se produzan accidentes.
Protección ou supresión do paso a nivel Nos pasos a nivel que presenten un AxT elevado (produto do número de circulación de automóbiles e o número de trens que cruzan o paso a nivel). Poderase protexer cun sistema automático con ou sen barreira. Se o AxT é moi elevado, o paso a nivel tipicamente será suprimido.
Sistemas automáticos de protección SBA: Semi Barreiras Automáticas SBE: Semi Barreiras Enclavadas SLA: Sinalización Luminosa e Acústica
Sinalización Tanto na estrada como na vía, o paso a nivel está sinalizado para advertir da súa presenza.
Na estrada center|200pxcenter|200px Paso a nivel sen barreiras Paso a nivel con barreirasIndica perigo pola proximidade dun paso a nivel desprotexido, sen barreiras. Indica perigo pola proximidade dun paso a nivel protexido (de non ser por unha incidencia técnica), mediante barreiras automáticas e sinalización luminosa e acústica.
Na vía center|200px Paso a nivel protexidoIndica ao maquinista que o paso ao nivel ao que se está aproximando está protexido e completamente funcional, e debe seguir a marcha.
Pasos a nivel en Galicia miniatura|Antigo paso a nivel en Teixeiro. En Galicia, como no resto de España, estanse a suprimir a maior parte dos pasos a nivel existentes por parte do Ministerio de Fomento. En xuño de 2014 había en Galicia 176 pasos a nivel, dos que 108 tiñan en fase de obra, proxecto ou estudo a súa supresión.Fomento afirma que continúa suprimindo pasos a nivel en Galicia e mellorando a seguridade dos existentes.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Vías férreas