San Xoán de Randín é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 254 habitantes (128 homes e 126 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.
No seu termo áchase o Castelo da Picoña.
Historia Na parroquia tivo lugar o 22 de febreiro de 1944 o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.
Randín na literatura popular Do outro lado do río/ sentín chorar e cantei:/ Santa Lucía en Vileriño,/ San Antonio en Recarei Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: cantén. Vileriño será localismo por Vilariño, que en Ourense pode ser lugar da parroquia de San Xoán de Randín, no concello de Calvos de Randín; lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo, en Lobeira; ou San Xes de Vilariño, parroquia do mesmo concello. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande..
Lugares e parroquias Lugares de Randín
Parroquias de Calvos de Randín
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Calvos de Randín
Categoría:Parroquias de Calvos de Randín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán