San Salvador de Vilaza é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 601 habitantes (289 homes e 312 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 41 habitantes en relación ao ano 2000.
Historia Apareceron restos romanos na capela de San Brais, así como sinais de ser terras pertencentes á Orde dos Templarios, de onde dataría a capela de estilo románico e maila súa torre estilo normanda. Na Idade Media existiu tamén o mosteiro de Santa Cruz de Vilaza. En 1642 tivo lugar a batalla de Vilaza, no marco da Guerra de Restauración Portuguesa.
A igrexa de San Salvador conta cunha torre e un reloxo de sol.
Existía un manancial de augas mineromedicinais bicarbonatadas sódico-litínicas, o balneario de Requeixo, explotado por Jacinto Becerra Romero. En 1900 foron declaradas de utilidade pública, e en 1907 obtiveron a medalla de ouro da Exposición de Madrid. Comercializouse como Agua de Villaza por Hijos de Jacinto Becerra e despois por Viuda e Hijos de Juan Fuentes Pérez, banqueiros de Ourense.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Vilaza
Parroquias de Monterrei
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Monterrei
Categoría:Parroquias de Monterrei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador