Franklin Pierce, nado o 23 de novembro de 1804 e finado o 8 de outubro de 1869, foi o décimo cuarto presidente dos Estados Unidos dende 1853 ata 1857.

Presidencia esquerda|miniatura|Franklin Pierce no anverso dun dólar presidencial de 2010.

Candidato do Partido Demócrata nas eleccións de 1852 impúxose ao candidato do partido whig Winfield Scott, converténdose no presidente máis novo que tivera o país ata ese momento. Pierce, un norteño con simpatías polo sur, o seu apoio á lei Kansas-Nebraska restoulle popularidade no norte e propiciou a aparición do Partido Republicano formado polo sector antiescravista dos whig e os demócratas. O fracaso da súa política de anexión de Cuba, como estado escravista no seo da Unión, propiciou a aparición do Manifesto de Ostende asinado por destacados diplomáticos. Nas eleccións internas do Partido Demócrata para as eleccións presidenciais de 1856 Pierce perdeu contra James Buchanan.

Categoría:Presidentes dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova Hampshire Categoría:Nados en 1804 Categoría:Finados en 1869 Categoría:Finados por cirrose Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa