miniatura|Traballar coma un burro: Traballar moito, sen descanso|250px ¡Alá vai o burro coas noces!: botarse todo a perder. Andar cargado coma un burro: dise de quen traballa moito, soportando cargas excesivas. Arrancada de cabalo e parada de burro: aplícase a quen comeza calquera asunto con moito entusiasmo pero, por pereza e inconstancia, abandona ó pouco. ¡Boa burra mercamos!: indica ironicamente o mal resultado dun negocio. Bota-lo burro: remata-lo primeiro en comer ou facer algún traballo. Utilizábase moito nas pullas entre aldeas veciñas presumindo de rematar antes as faenas agrícolas. Burro coma un arado. Burro e a tanto: emprégase para chamarlle parvo a alguén, e con razón. Caer da burra: darse de conta de algo que era evidente. Caer de burro: pecar de crédulo, torpe, ser enganado. Carrexar como un burro. Dar sopas de mel a un burro: obsequiar ou favorecer a un ingrato. Escomezar como faco e parar como asno: comezar unha obra con moito ímpeto pero despois deixalo ir. Facerlle tanto coma o burro á vaca: ser un inútil. Pode referirse á incapacidade do burro para cubrir unha vaca, ou a que aquel non pode facer parella con esta no arado. Falar da morte da burra: cambiar de tema, irse do tema principal da conversa. Falso como unha burra: ser traidor. Griñir coma os burros: dise a un ignorante que presume de saber moito. Írselle a un a burra: escapárselle a un o que debía calar. Levar un burro: levar un chasco. Máis besta que un burro: indica a máxima ignorancia Eladio Rodríguez González, s. v. besta.. Máis falso que unha burra vella: dise da persoa hipócrita e raposeira. Mete-lo burro: avantaxar a outro, adiantarse no traballo. Dise nas faenas agrícolas para sinalar que se rematou o traballo antes que o veciño. Ver bota-lo burro. Non morrer de cornada de burro: dise do que non se expón a ningún perigo por pequeno que sexa. Non poder dar no burro e dar na albarda: castigar a que non ten culpa por non atreverse co verdadeiro culpable. Parecer o burro do paragueiro: andar sempre atrás de alguén. Pexar do burro pra que outro o monte. Prender na burra: dise dun rapaz cando colle unha rabieta. Saírlle a un a burra capada: saír burlado dun empeño, perder nun asunto cando se esperaba o contrario. Ser boa burra: dise da persoa que aparenta unha cousa e resulta se-lo contrario Ser coma lavarlle a cabeza a un burro (e perder auga, xabón e tempo): facer un traballo inútil tratando de ensinar algo a alguén que se nega a aprender. Ser coma o burro do xitano: facer algo cando xa é tarde A locución vén do conto dun xitano que, cando afixo ó seu burro a non comer, morreulle de fame.. Ser coma a pata dun burro: moi serio. Tamén corre cos verbos estar ou saír. Ser como os burros da Limia, que apañan o viño e beben auga: dise dos que queren aforrar demasiado, ser un forrón José María Pereda Álvarez.. Ser testán coma un burro. Ser un burro cargado de letras: cando un presume de saber moito sen base ningunha. Ser un burro de carga: dise do home disposto e forte para o traballo, do que leva a parte máis pesada ou do que soporta sen queixa os traballos que se lle encargan. Sopas de burro canso/cansado: pan mollado en viño, xeralmente tinto. Te-la boca coma un burro: falar de máis pero sen saber o que se di. Te-la saúde coma un burro: ¿ter moita saúde? Te-las orellas coma un burro: ter as orellas grandes e levantadas. Te-lo burro pola corda: ter controlada unha situación, ter autoridade para o que se quere conseguir Equivale ó castelán tener la sartén por el mango.. Ter tanto bazo coma un burro morto: ser pachorrento, tranquilo de máis. Traballar coma un burro: traballar moito, sen descanso. Traballar máis que un burro: traballar moito, sen descanso.

Notas

Véxase tamén Bibliografía PEREDA ÁLVAREZ, José María: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19–52. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.

Categoría:Fraseoloxía