Rosa Bassave Roibal, nada na Coruña o 30 de marzo de 1954 e finada en Santiago de Compostela o 11 de setembro de 2012, foi unha militante anarcosindicalista galega.
Traxectoria Logo de traballar nunha fábrica do sector eléctrico, casou ós dezaoito anos con Alberto de Esteban Gracia, emigrando a Barcelona, Inglaterra (onde traban relación con Miguel García e nacionalistas galegos) e París, onde traballa na hostalería. De regreso a Santiago de Compostela, remata a carreira de Historia na USC e comeza a militar na UPG e no seu sindicato revolucionario de estudantes. Formou parte da executiva de ANPG en 1976 e do BNPG 1977, pero logo de fortes discrepancias integrouse no movemento libertario. En 1979 créase a Federación Anarco-comunista Galega e o Colectivo Libertario Arco da Vella.
Posteriormente participa activamente na refundación do sindicato CNT en Compostela, sendo elixida secretaria xeral en 1990 e 2002 e tesoureira en varias ocasións. Tamén participa no Ateneu Libertário de Compostela e na asociación Mulleres Libres, así como na radio Kalimero. En 2005 foi elixida secretaria xeral da Confederación Rexional Galaica da CNT.
Asidua conferenciante, colaborou en publicacións como Arco da Vella (baixo o pseudónimo de María Balteira), (A)narquista, Andaina, CNT, Festa da Palabra Silenciada, Marea Negra, A Nosa Terra, Outrasvozes, ou A Protesta. Bibliotecaria da USC desde 1986, tamén colaborou en revistas profesionais de bibliotecas.
Véxase tamén Bibliografía Íñiguez, Miguel: Enciclopedia histórica del anarquismo español (tomo 1); Vitoria, 2008. ISBN 978-84-612-4219-1 Ligazóns externas
Notas
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes