Guilty é o noveno álbum de estudio da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, publicado o 1 de xaneiro do ano 2008 baixo o selo da discográfica avex trax e producido por Max Matsuura. A propia cantante escribiu tódalas letras do álbum, que chegou a vender máis de 400.000 copias nas súas dúas primeiras semanas. Alcanzou a sétima posición na United World Chart na súa primeira semana e se mantivo na terceira posición durante a segunda. Dúas semanas despois do seu lanzamento, avex anunciou que se enviaran 750.000 copias do álbum as tendas.
Información Guilty vendeu máis de 202.000 copias durante a súa primeira semana, e combinando as vendas totais da primeira e da segunda, situaron o álbum na segunda posición con 432.113 copias vendidas. Esta foi a primeira vez que Ayumi Hamasaki ten vendas tan baixas nas súas primeiras semanas cun álbum de estudio, xa que sempre debutou na primeira posición. Kobukuro superou así á cantante en 22.488 vendas. Aínda que só chegou a ser segundo, Guilty conseguiu debutar en primeira posición nas listas de Taiwán cun 39,78% do total das vendas de J-Pop e 6,7% do total da música na súa primeira semana. Foi editado en dúas versións, unha versión CD+DVD e outra con unicamente un CD. Ademais, as copias iniciais puxéronse á venda cun álbum de fotos limitado. A versión CD+DVD inclúe os vídeos dende "Glitter" ata "Together when...", así como os “makink of”. Aínda que a data de saída do disco era o 1 de xaneiro de 2008, comezou a venderse unha semana antes (o 25 de decembro).
Promoción
En decembro de 2007, Hamasaki actuou en directo dez veces en programas xaponeses. A canción que se promoveu foi "Together When...". Por outra parte, Ayumi Hamasaki apareceu en portada oito veces en diversas revistas: "Sweet", "Voce", "Bea’s Up", "Vivi", "Popteen", "Cawaii", "S Cawaii" e "Tokyo Headline". Así mesmo, a finais de decembro colocáronse bastante carteis e pósteres en Shibuya (Tokyo) promovendo Guilty.
Lista de temas
CD
# Título Duración 1. "Mirror" 1:58 2. "(don't) Leave me alone" 4:18 3. "talkin' 2 myself" 4:56 4. "decision" 4:22 5. "Guilty" 4:35 6. "fated" 5:36 7. "Together When..." 5:14 8. "Marionette -prelude-" 1:15 9. "Marionette" 4:37 10. "The Judgement Day" 1:41 11. "glitter" 4:55 12. "My All" 5:27 13. "reBiRTH" 1:40 14. "untitled ~for her~" 5:35
DVD
# Título 1. Corto「Kyo Ai ~Distance Love~ (距愛 ~Distance Love~, Kyo Ai ~Distance Love~)(glitter/fated) 2. talkin’2 myself (videoclip) 3. decision (videoclip) 4. Together When... (videoclip) 5. Marionette (videoclip) 6. (don't) Leave me alone (videoclip) 7. glitter (making clip) 8. fated (making clip) 9. talkin' 2 myself (making clip) 10. decision (making clip) 11. Together When... (making clip) 12. Marionette (making clip) 13. (don't) Leave me alone (making clip)
Posición nas listas
LanzamentoListaMáxima posiciónVendas na primeira semanaVendas totaisSemanas1 de xaneiro, 2008Oricon Daily Charts#11 de xaneiro, 2008Oricon Weekly Charts#2432,113568,288161 de xaneiro, 2008Oricon Monthly Charts#21 de xaneiro, 2008Oricon Yearly Charts
Vendas en formato físico e posición
ListaMáxima posiciónOricon Daily Albums Chart#1Oricon Weekly Albums Chart#2Oricon Monthly Albums Chart#2Oricon Yearly Albums Chart 2008Billboard Japan#2HMV J-POP Chart (Xapón)#1HMV Asian Chart (Xapón)#1G-Music J-POP Chart (Taiwán)#1J-POP/K-POP Five Music Records (Taiwán)#1HMV Hong Kong Album Chart (xaponés)#1
PaísCertificaciónVendasXapón3x Platino568,288TaiwánHong KongSingapurMundial1,800,000
Singles
LanzamentoTítuloMáxima posiciónSemanasVendasDescargas18 de xullo de 2007"Glitter/Fated"#111166,203600,00019 de setembro de 2007"Talkin' 2 Myself"#110110,628540,0005 de decembro de 2007"Together When..."#113-3,312,541
Vendas acumuladas dos singles: 276,831
Vendas acumuladas dos singles e do álbum: 845,119
Descargas totais: 4,452,541
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas http://www.g-music.com.tw/GMusicBillboard0.aspx https://web.archive.org/web/20090629125506/http://www.g-music.com.tw/GMusicBillboard3.aspx
Categoría:Álbums de Ayumi Hamasaki Categoría:Álbums musicais de 2008 Categoría:Álbums de Avex Trax