As órbitas son as dúas cavidades situadas a ambos os lados da liña media da faciana destinadas a acoller os ollos e os anexos.

Características xerais miniatura|esquerda|200px|Vista anterior dunha órbita e o globo ocular.

O volume contido no interior é de aproximadamente 30 ml, estando formado polo globo ocular, o nervio óptico, a musculatura extraocular, o paquete vasculonervioso (arteria, vea e nervio), a glándula lacrimal e a graxa periorbitaria.

As catro paredes son a superior, a inferior, a interna ou medial e a externa ou lateral. A superficie interna está tapizada por unha membrana fibromuscular denominada periórbita, que a nivel da canle óptica se continúa coa duramáter.

Denomínase rebordo orbitario ó bordo óseo que dá entrada á cavidade orbitaria, estando formado por arriba polo arco orbitario do frontal, por dentro e por debaixo pola apófise ascendente do maxilar superior, e por fóra e por abaixo, polo bordo anterosuperior do malar.

Parede superior Está constituída polo óso frontal e pola cara inferior da á menor do esfenoide. Nesta parede atópase a glándula lacrimal na parte máis lateral e a tróclea do músculo oblicuo maior na parte medial.

Parede inferior Formada pola cara superior da pirámide do maxilar superior, pola cara superior do malar e pola cara superior da apófise orbitaria do óso palatino. Na unión deses tres ósos fórmase un suco óseo denominado canle suborbitario.

Parede interna (medial) Formada polo lacrimal, a lámina papirácea do etmoide, as ás maiores do esfenoide e a apófise ascendente do maxilar superior. A lámina papirácea do etmoide é unha zona con pouco espesor óseo e sofre frecuentes afectacións por afundimentos en traumatismos graves.

Parede externa (lateral) Correspóndese coa poza temporal. Está formada polo óso malar (apófise orbitaria), pola á maior do esfenoide (cara anterior) e pola parte máis externa da bóveda orbitaria do frontal. Limita coa fendedura esfenomaxilar, que comunica a fosa orbitaria coa fosa pterigomaxilar. Buratos e estruturas que comunican a órbita coa contorna: Ó cranioBurato ópticoNervio ópticoArteria oftálmicaFendedura esfenoidalNervios nasal, frontal e lacrimalRaíz simpática do ganglio oftálmicoNervio motor ocular común (III par cranial)Nervio motor ocular externo (VI par cranial)Nervio patético (IV par cranial)Vea oftálmicaConduto etmoidal anteriorArteria etmoidal anteriorFilete etmoidal do ramo nasal da rama oftálmica do V parConduto etmoidal posteriorArteria etmoidal posteriorNervio etmoidal de Luschka Ás fosas nasaisConduto nasal Conduto lacrimal ou naso-lacrimal Ó exteriorIncisura supraorbitaria Nervio frontal externo (supraorbitario)Arteria e vea supraorbitariasConduto suborbitario Nervio suborbitarioArteria e vea suborbitariasConduto malar Nervio temporomalarNervio maxilar superiorFendidura esfenomaxilarAnastomose venosaRama orbitaria do nervio maxilar superior

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía Estructura del cuerpo humano. Sobotta. Posel P. y Schulte, E. Ed. Marbán (2000). ISBN 84-7101-294-4 Anatomía del aparato locomotor. Tomo III (Cabeza y Tronco). Michel Dufour. Ed. Masson (2004). ISBN : 84-458-1282-3 Atlas de Anatomía Humana Sobotta. Volumen I. Ferner, H. y Staubesand, J. Ed. Médica Panamericana. (1982) ISBN 84-85320-25-5 Anatomía Humana. Testut, L. y Latarjet, A. Salvat Editores (1986) ISBN 84-345-1144-4

Orbita