O óso lacrimal, tamén chamado ungüe, é un óso da faciana, que contribúe a formar a órbita e as fosas nasais.

Estrutura do óso É un óso pequeno, con dúas caras e catro bordos. Cara interna: forma parte da parede externa das fosas nasais. Por diante ten a porción vertical do maxilar superior e por detrás ás masas laterais do etmoide. Cara externa: forma parte da parede interna da órbita. É un espazo moi pequeno, na que atopamos o burato superior do conduto lacrimal. Bordo superior: artéllase coas apófises orbitarias internas do frontal. Bordo inferior: ás veces chega ata o cornete inferior ou cuncha. Bordo anterior: artéllase coa porción vertical do maxilar superior. Bordo posterior: artéllase coa parte anterior das masas laterais do etmoide.

Suturas do lacrimal Por riba: co frontal. Por debaixo: co cornete inferior ou cuncha. Por diante: co maxilar superior. Por detrás: co etmoide.

Insercións musculares Só se insiren dous músculos: Músculo orbicular das pálpebras. Músculo de Horner

Véxase tamén

Oso lacrimal