Alejandro Blanco Bravo, nado en Ourense o 9 de outubro de 1950, é un antigo judoca e actual dirixente deportivo galego, presidente do Comité Olímpico Español.

Traxectoria Licenciouse en Física pola Universidade de Valladolid. Dende novo practicou o judo, tanto como deportista como como árbitro ou adestrador, e chegou a ser o propietario dun centro de adestramento deste deporte en Valladolid. Entre 1985 e 1993 foi presidente da Federación de Judo de Castela e León. En febreiro de 1993 foi elixido presidente da Federación Española de Judo e reelixido para o posto en tres ocasións máis ata 2005.

No ano 2000 é escollido presidente pola Federación Europea de Judo e o 29 de setembro de 2005 é escollido presidente do Comité Olímpico Español. Foi reelixido o 29 de abril de 2009 por un novo período de catro anosO ourensán Alexandre Blanco reelixido presidente do COE, Vieiros, 29/4/09.

Durante a súa presidencia, o Comité Olímpico Español iniciou unha campaña para promover unha letra para o himno español, que finalmente non se levou a termoO COE retira a letra do Himno de España e non a presentará ó Parlamento , Galicia Hoxe, 16/1/2008.

Vida persoal Está casado e ten dous fillos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Judokas de Galicia Categoría:Presidentes dun Comité Olímpico nacional Categoría:Nados en Ourense Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo