O sistema renina-anxiotensina ou sistema renina-anxiotensina-aldosterona é un sistema de control da presión arterial.
O sistema componse de: Renina. Anxiotensina I, II e III. Anxiotensinóxeno. Enzima conversora da anxiotensina (ECA).
O seu obxectivo é o de aumentar a presión arterial en caso de que esta estea baixa. A presión baixa é detectada pola mácula densa (unha estrutura do ril). A activación da mácula densa provoca que as células xustaglomerulares secreten renina. Esta enzima só ten un substrato, o anxiotensinóxeno. A renina rompe parcialmente ao anxiotensinóxeno producindo anxiotensina I. A anxiotensina I é un péptido pouco activo. É fragmentado pola enzima conversora da anxiotensina en varios tecidos, sobre todo pulmóns, pero tamén en neurohipófise, glándulas suprarrenais, bazo e endotelio entre outros. O produto será a anxiotensina II. A anxiotensina II pode ser convertida en anxiotensina III por acción dunha aminopeptidase.
Funcións Tanto a anxiotensina I como a II son péptidos activos. Únense ao seu receptor específico e activan o ciclo do fasfatidil-inositol, producindo inositoltrifosfato e diacilglicérido. O inositoltrifosfato permite a saída de calcio do retículo endoplásmico. A mobilización do calcio favorece a liberación de aldosterona dende as glándulas suprarrenais. A aldosterona activa unha serie de proteínas renais, IAPs, proteínas inducidas por aldosterona. Estas favorecen a reabsorción de sodio nos tubos proximais do ril. A reentrada de Na arrastra a auga, incrementando o volume circulante e a presión arterial. A propia anxiotensina ten efecto vasoconstritor a nivel sistémico.
Regulación Dous grupos de sinais regulan este complexo sistema: Activan o sistema: Hiponatremia (baixo nivel de sodio en sangue). Volume circulante baixo. Prostaglandinas e outras substancias vasodilatadoras. GTP, que estimula a renina. Inhiben o sistema: AMP cíclico. Péptido natriurético auricular, así como outros péptidos diuréticos. Descarga β-adrenérxica, que inhibe a liberación de renina. NO. A propia anxiotensina II inhibe a renina por retroalimentación negativa.
Véxase tamén Outros artigos Aparato xustaglomerular
Bibliografía Thomas Devlin: Bioquímica, cuarta edición.
Categoría:Endocrinoloxía