miniatura|dereita|Mapa 3D do Grupo Local miniatura|dereita|Sextans A é membro do Grupo Local de galaxias que inclúen as espirais de Andrómeda e a nosa propia Vía Láctea
Na astronomía, denominase Grupo Local ó grupo de galaxias na que se atopa a Vía Láctea. Está dominado por dúas galaxias espirais xigantes, Andrómeda e a Vía Láctea. O resto de galaxias, unhas 30, son máis pequenas; moitas delas son galaxias satélite (ver galaxia anana) dunha das máis grandes.
As galaxias libres xiran en torno ó centro de masas do grupo, situado entre Andrómeda e a Vía Láctea. Ademais, o noso Grupo Local está contido dentro do supercúmulo de Virgo, o seu centro gravitatorio é denominado Grande Atractor, cara ó cal se dirixe o Grupo Local.
Dentro do Grupo Local, coñécense tres sistemas dominados por galaxias masivas actuando coma centros de gravidade, e varias galaxias actuando coma satélites:
Sistema de Andrómeda (M31): M32, M110, NGC 147, NGC 185, Andrómeda I, Andrómeda II, Andrómeda III, Andrómeda IV, Andrómeda V, Andrómeda VI e Andrómeda VII. Sistema da Vía Láctea: Anana de Saxitario, Gran Nube de Magalláns, Pequena Nube de Magalláns, Anana da Osa Menor, Anana de Draco, Anana de Carina, Anana de Sextans, Anana de Sculptor, Anana de Fornax, Leo I, Leo II e Anana de Tucana. Sistema do Triángulo (M33): a terceira maior galaxia e a única espiral no Grupo Local, pode ou non ser unha compañeira da Galáxia de Andrômeda, apenas ten unha galaxia satélite, a Anana de Pisces (LGS 3)
O futuro do Grupo Local Tense observado que Andrómeda e a Vía Láctea se aproximan rapidamente a unha velocidade duns 500.000 km/h, o que fai pensar que poida producirse unha colisión entre ambas dentro duns 3.000 a 5.000 millóns de anos, segundo a masa que teñan estas galaxias. De producirse, tal choque non debe entenderse coma o que ten lugar entre dous corpos sólidos, senón que as galaxias atravesaríanse a unha á outra. Coma resultado, unha parte do material de ambas dispersaríase e o resto formaría unha nova galaxia, probablemente elíptica. Se en vez dun choque deste tipo o que ten lugar é unha aproximación, ambas galaxias deformaríanse e unha parte do material de cada unha delas escaparía ou se mesturaría, tanto máis, canto maior fose a aproximación, ata acabar tamén fundíndose os restos nunha galaxia elíptica, na que eventualmente acabarían as demais galaxias do grupo.
Polo que respecta ó futuro do Grupo Local, este podería quedar integrado no cúmulo de Virgo, aínda que recentes estudos amosan que a aceleración da velocidade de expansión do Universo impedirá que isto aconteza. Este cúmulo está situado no centro dun supercúmulo moito maior, o Supercúmulo de Virgo. Así pois, o grupo atópase no corazón do supercúmulo situado preto da rexión con maior influencia gravitatoria, á cal se aproxima.
Galaxias do Grupo Local A localización amósase primeiro en ascensión recta, despois a declinación e logo cítase a constelación:
Galaxia Tipo Magnitude absoluta Diámetro [anos luz] Velocidade radial [km/s] Distancia [anos luz] Localización Vía Láctea SBbc I-II -20,8 100.000 Anana de Canis Major Irr 25.000 07h12,0m | -27*40' | Canis Major Anana Elíptica de Saxitario dSph(E7) -14,0 10.000 78.000 18h55,0m | -30*30' | Saxitario Gran Nube de Magalláns Irr III-IV -18,1 30.000 +119 179.000 05h19,7m | -68*57' | Dorado Pequena Nube de Magalláns Irr IV-V -16,2 16.000 +34 210.000 00h51,7m | -73*14' | Tucana Anana da Osa Menor dSph -8,9 2.000 -47 215.000 15h08,8m | +67*12' | Osa Menor Anana de Sculptor dSph -10,7 3.000 +115 260.000 01h00,0m | -33*42' | Sculptor Anana de Draco dSph -8,6 3.000 -87 270.000 17h20,1m | +57*55' | Draco Anana de Sextans dSph -10,0 4,000 280.000 10h13,2m | -01*37' | Sextans Anana de Carina dSph -9,92 2.000 +13 330.000 06h14,6m | -50*58' | Carina Anana de Fornax dSph -13,0 6.000 -41 450.000 02h39,9m | -34*32' | Fornax Leo II dSph -10,2 3.000 +36 670.000 11h13,5m | +22*10' | Leo Leo I dE3 -12,0 3.000 +60 820.000 10h08,5m | +12*18' | Leo Anana de Fénix dIrr/dSph -9,9 2.000 1 450 000 01h51,1m | -44*27' | Phoenix Galaxia de Barnard (NGC 6822) Irr IV-V -16,4 8.000 +44 1 600 000 19h44,9m | -14*49' | Saxitario Andrómeda II dSph -11,7 2.000 1 700 000 01h16,4m | +33*27' | Andrómeda NGC 185 dSph/dE3 -15,3 8.000 +39 2 000 000 00h39,0m | +48*20' | Cassiopeia Leo III (Leo A) dIrr -11,7 4.000 -19 2 250 000 09h59,4m | +30*45' | Leo Andrómeda VII dSph -12,0 2.000 2 250 000 23h27,8m | +50*35' | Andrómeda IC 1613 Irr V -14,9 10.000 -152 2 300 000 01h05,1m | +02*08' | Cetus NGC 147 dSph/dE5 -14,8 10.000 +28 2 350 000 00h33,2m | +48*31' | Cassiopeia Andrómeda III dSph -10,2 3.000 2 500 000 00h35,4m | +36*31' | Andrómeda Anana de Cetus dSph -10,1 3.000 2 550 000 00h26,1m | -11*02' | Cetus Andrómeda VI dSph -11,3 3.000 2 550 000 23h51,7m | +24*36' | Andrómeda Anana de Acuario dIrr/dSph 2 -23 2 600 000 20h46,8m | -12*51' | Acuario M32 dE2 -16,4 8.000 -28 2 600 000 00h42,7m | +40*52' | Andrómeda Andrómeda I dSph -11,7 2.000 2,600,000 00h45,7m | +38*00' | Andrómeda Andrómeda V dSph -9,1 2 650 000 01h10,3m | +47*38' | Andrómeda LGS 3 (Anana de Pisces) dIrr/dSph -9,7 2.000 -149 2 650 000 01h03,8m | +21*53' | Pisces Galaxia de Andrómeda (M31) Sb I-II -21,8 140.000 -121 2 650 00000h42,7m | +41*16' | Andrómeda NGC 205 (M110) dSph/dE5 -16,3 15.000 -60 2 650 000 00h41,3m | +41*41' | Andrómeda IC 10 dIrr -17,6 8.000 -146 2 700 000 00h20,4m | +59*18' | Cassiopeia Galaxia del Triángulo (M33) Sc II-III -19,1 55.000 -46 2 850 000 01h33,9m | +30*39' | Triangulum Anana de Tucana dSph -9,6 2.000 2 850 000 22h41,7m | -64*25' | Tucana Wolf-Lundmark-Melotte Irr IV-V -14,0 10.000 -61 3 000 000 00h02,0m | -15*28' | Cetus Anana de Pegaso dIrr/dSph -12,7 2.000 -20 3 100 000 23h28,6m | +14*45' | Pegaso Anana Irregular de Saxitario dIrr -11,0 3.000 +8 3 450 000 19h30,1m | -17*42' | Saxitario Anana de Antlia dSph -10,7 3.000 4 000 000 10h04,1m | -27*20' | Antlia NGC 3109 Irr IV-V -15,8 25.000 +194 4 100 000 10h03,1m | -26*09' | Hidra UGC-A92 dIrr 3.000 +66 4 200 000 04h27,4m | +63*30' | Camelopardalis UKS 2323-326 dIrr -13,1 3.000 +74 4 300 000 23h26,5m | -32*23' | Sculptor Sextans B dIrr -14,4 8.000 +168 4 400 000 10h00,0m | +05*20' |Sextans Sextans A dIrr -14,3 10.000 +164 4 700 000 10h11,1m | -04*43' | Sextans IC 5152 dIrr 8.000 +80 5 200 000 22h06,1m | -51*17' | Indus GR 8 dIrr -12,5 2.000 +183 5 200 000 12h58,7m | +14*13' | Virgo
Outros obxectos notables Nube de Smith - Nube de Alta Velocidade, entre 32.000 e 49.000 anos luz de distancia da Terra, e 8000 anos luz por riba do disco da Vía Láctea. HVC 127-41-330 - Nube de Alta Velocidade, a 2,3 millóns de anos luz da Terra.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas The Local Group of Galaxies, SEDS Messier pages A Survey of the Resolved Stellar Content of Nearby Galaxies Currently Forming Stars, Lowell Observatory
Categoría:Cúmulos de Galaxias