Knuckles The Echidna (en xaponés: ナックルズ・ザ・エキドゥナ Nakkurusu Za Ekiduna) é un personaxe da saga de videoxogos, banda deseñada e televisión Sonic the Hedgehog. Algúns dos seus alcumes son "Knuckie", "Rad Red", "Knux" e "Knucklehead". O seu creador é o xaponés Takashi Thomas Yuda.
Knuckles é un equidna vermello de 17 anos que posúe longas e afiadas pugas que se asemellan a dreadlocks (rastas).
Dous dos seus coitelos (en inglés knuckles, de aí o seu nome) son en realidade pinchos afiados. Amais, o seu nome deixa constancia da súa ascendencia: o clan Knuckles Warrior. É un dos personaxes máis fortes da saga de Sonic (dise que é tan forte coma Sonic e igual de rápido). Tamén dispón da habelencia de planear atrapando o ar baixo os seus dreadlocks, aínda que na versión xaponesa da serie, non planea, senón que voa utilizando a súa enerxía (ki) para se propulsar (ó igual que moitos heroes dos mitos e lendas orientais). É experto en gran variedade de artes marciais.
Personaxe Traxectoria Knuckles vive en Angel Island, tamén chamada Illa Flotante, por flutuar no ceo grazas ó poder da Master Emerald, que se encarga de coidar. É o último supervivente dunha poboación de "equidnas" que morou algunha vez na illa (aínda que se sabe que hai máis "equidnas" noutras partes do planeta Mobius). Knuckles é o Gardián da Master Emerald (Esmeralda Mestra, Esmeralda Principal, Grande Esmeralda ou Esmeralda Nai), destino que pasou na súa familia durante xeracións. Os Gardiáns existen para que a Master Emerald non caia en mans equivocadas, xa que, se iso suceder, o mundo estaría en perigo. Isto significa que os Gardiáns, en certa forma, existen para manteren a harmonía do Universo.
Knuckles apareceu por primeira vez no xogo Sonic the Hedgehog 3 para Sega Megadrive, onde cría que Sonic e Tails intentaban roubar a Master Emerald e que o Doutor Robotnik intentaba evitalo. Robotnik, por suposto, mentíralle e planeaba usar a xoia para impulsar a súa estación espacial, O Death Egg. En Hidden Palace Zone (no xogo Sonic & Knuckles) foille revelada a traizón de Robotnik de xeito brusco: cunha electrocución. Uniuse entón a Sonic e Tails para tentar deter a Robotnik.
Knuckles foi daquela un amigo, e ás veces rival de Sonic e Tails, compartindo moitas das súas aventuras, sendo enganado por Robotnik, e chamando a atención dunha morcega branca chamada Rouge, que intenta roubarlle tamén a Master Emerald (Sonic Adventure 2).
Á parte de aparecer nas principais series de Sonic, Knuckles figurou de xeito prominente en Knuckles' Chaotix, un xogo para Sega 32X afastado da serie e case descoñecido. No xogo apareceron tamén os Chaotix, un cómico grupo de inadaptados. O equipo Chaotix está formado por catro integrantes: Vector The Cocodrile o líder do equipo, Espio The Chameleon,un rapaz con habilidades ninjas, Charmy Bee unha abelliña moi simpática que a miúdo se mete en moitas leas e un integrante que non é moi coñecido: Mighty The Armadillo.
Personalidade Knuckles é independente, leal, un pouco testán, e a miúdo algo inxenuo. É un sabio guerreiro ermitán que vive en paz co universo, pero debido a que é moi solitario adoita ter mal carácter. Non ten moito sentido do humor e anóxase con facilidade, pero sempre se pode contar con el á hora de salvar o planeta Mobius. Nun principio, Knuckles era o personaxe "escuro" da saga: un rival directo de Sonic con poderes ocultos, un pasado misterioso, e unha personalidade fría. Despois, pasouse ó bando dos bos, e seguiu coa súa misteriosa e poderosa personalidade, pero agora como un loitador ermitán, e non como o ser "escuro" que era. Ese rol de personaxe sombrío foi ocupado por Shadow The Hedgehog. A personalidade de Knuckles varía, dependendo das diferentes versións: Nos videoxogos de Sega é extremadamente teimudo e posúe un gran sentido do deber, malia que marcha con Sonic e salvan o mundo moito máis a miúdo ca nas historias das series de TV. Na biografía de Sonic Jam dise que é tímido, o cal non está baseado nos videoxogos máis recentes, pero pódese xustificar polo modo estraño que ten de actuar cando está preto de rapazas como Amy Rose, Blaze the Cat, e, especialmente, Rouge the Bat así que digamos que non é bo falando coas mulleres. Na película de anime Sonic The Hedgehog: The Movie, é un buscador de tesouros (quizais porque non hai Chaos Emeralds na historia), descoidado e en ocasións algo inxenuo. Disque é o mellor amigo de Sonic, pero aínda así é máis serio e coñece as súas prioridades na vida (o deber de Knuckles é protexer a Master Emerald). Nos cómics americanos de Archie, é o devoto Gardián da Grande Esmeralda, e a pesar de que adoita enfadarse con frecuencia, quizais é máis falangueiro e sarcástico, xa que non é tan solitario ou inxenuo como noutras aparicións. Aínda así, segue sendo fácil de enganar, só que non tanto como nos videoxogos. Nos cómics ingleses de Fleetway e nos mangas xaponeses de RP e Shogakukan, Knuckles dedícase con máis fervor ó seu deber como Gardián, case como unha obsesión. Parécelle que o ego de Sonic é algo odioso, e é extremadamente solitario. É máis fácil enfurecelo, custa máis confiar nel e é menos inxenuo do habitual. Non só custodia a Grande Esmeralda, senón tamén as Esmeraldas do Caos. Na serie de anime Sonic X, Knuckles alporízase con moita facilidade, pero é algo menos testán que noutras aparicións, e tende a ceder nas situacións nas que outros se confabulan contra el. É probablemente o máis inxenuo de tódalas versións, quizais debido á temática cómica presente en Sonic X. Concéntrase menos no seu deber como Gardián, pero na primeira tempada da serie, onde non aparecía ningunha Master Emerald que protexer, estaba ansioso por reunilas Esmeraldas do Caos para regresar a Angel Island e poder cumprir coa súa labor de coidar a Esmeralda Principal.
En xeral, Knuckles é sabio, humilde, pacífico, solitario e hábil nas artes marciais coma un monxe Shaolin ou un guerreiro de Wudang, pero é tímido e de mal carácter.
Habelencias O Gardián da Master Emerald posúe varias habelencias de seu que o fan o personaxe máis forte da serie: Spin Dash: Ao igual que Sonic, Knuckles pode xirar no chan, rapidamente sobre si mesmo, e así tomar impulso para saír rodando a toda velocidade, o que lle permite non só avanzar a 1000 Km/h, senón tamén destruír obstáculos e bater inimigos que poidan estar ó seu paso. Voo: Knuckles ten a habilidade de voar ou planear, segundo as diferentes versións. Nos cómics americanos non voa, senón que planea atrapando ar baixo coas longas pugas da súa cabeza; en troques, nos mangas xaponeses, non necesita facer iso xa que ten a capacidade de voar ó ser propulsado pola súa enerxía vital (Ki), que tamén lle permite manterse quedo, suspendido no ar (o voo é o que lle permite abandonar e volver a Angel Island cando esta está a flotar no ceo). Escalar: Grazas ós dous cotobelos aguzados de cada unha das súas luvas, Knuckles pode escalar toda clase de muros con moita facilidade. Só necesita cravar os esporóns dos seus puños nas superficies dos muros, e axudarse cos pés para gabear sobre estes. Nado: Knuckles é un bo nadador, capaz de se mover rapidamente baixo a auga e conter a respiración por longos períodos de tempo. Esta habelencia élle moi útil, xa que unha das súas principais fontes de alimento son os peixes, os cales debe atrapar coas súas mans nos ríos e lagoas de Angel Island. Artes Marciais: Tódolos Gardiáns son expertos nas artes marciais, xa que as necesitan para protexeren a Master Emerald (e para se protexeren eles mesmos). Knuckles posúe unha forza descomunal, capaz de destruír a rocha sólida cos seus puños pelados e soportar un choque eléctrico de tres millóns de voltios, saíndo practicamente ileso. Por ser un guerreiro, só emprega técnicas avanzadas de ataque cando se enfronta a un opoñente que tamén coñece as artes marciais (como Rouge The Bat). En cambio, se se enfronta a alguén que non é un loitador (coma Sonic The Hedgehog) só se defende con simples puñadas e patadas, ou ben, con técnicas comúns coma o Spin Dash (algunhas técnicas coma o Comet Punch, o Tornado Claw, o Spiral Upper e mailo Maximum Heat Attack, utilízaas contra calquera clase de opoñente). Técnicas de Enerxía: Tódolos Gardiáns, e mailos guerreiros fortes, aprenden a utilizaren a súa enerxía durante o adestramento das Artes Marciais. Knuckles, que non é a excepción, pode empregar o seu Ki non só para sandar, senón tamén para pelexar. As súas principais técnicas de ataque son: Knuckles' Blasts (bólas de enerxía que expulsa dos seus puños), Genki Beam (un enorme raio de enerxía que bota da palma da súa man), Hadoken (a técnica de Ki máis popular da mitoloxía xaponesa), Dragon's Rage (un enorme feixe de Ki que se guinda coas palmas de ambas as dúas mans xuntas),ReiKi Dama (xeralmente, utilizada só cando se transforma en Mega Knuckles). A maioría das técnicas de Enerxía de Knuckles só foron vistas nos manga xaponeses (xeralmente, nos cómics americanos só fan uso das súas técnicas físicas).
Habelencia de cada xogo Sonic & Knuckles Spin Dash: Knuckles enrólase en forma de bóla e vira velozmente sobre si mesmo, o que lle permite tomar impulso para ir a toda velocidade. Glide: Knuckles é quen de sobrevoar o escenario, para se apoiar logo a algunha parte do decorado. Climb: Tras voar, após ter aterrado nun muro, Knuckles pode subir ou baixar a través del se o xogador preme os botóns direccionais de "arriba" e "abaixo".
Sonic Adventure Spin attack: Ao premer o botón "X" mentres Knuckles corre, el enrólase en bóla permitíndolle acabar con algúns inimigos. Punch: Ó premer o botón "X", Knuckles dará unha puñada. Comet Punch: Ao premer o botón "X" tres veces seguidas, Knuckles dará dúas puñadas comúns, e unha terceira moito máis potente (avanzando contra o inimigo). Glide: Semellante ós xogos anteriores. Climb: Semellante ós xogos anteriores. Dig: Se se teñen as "Shovel Claws", Knuckles poderá utilizalas para cavar en solos brandos. Para isto, o xogador debe premer os botóns "X" e "A" simultaneamente, mentres o equidna se acha parado no lugar onde se quere escavar. Maximun Heat Attack: Knuckles voa cos puños en posición de ataque, e diríxese a través dunha fileira de Badniks inimigos, podendo acabar con todos eles.
Sonic Adventure 2 Glide: Semellante ós xogos anteriores. Climb: Semellante ós xogos anteriores. Punch: Semellante ós xogos anteriores. Uppercut: Ó premer o botón "B" tres veces seguidas, Knuckles dará dúas puñadas comúns, e unha terceira que non se dirixirá cara a adiante, senón cara a arriba. Spiral Upper: Mentres Knuckles dá volta en círculos sobre un mesmo lugar, débese premer o botón "B". Isto fará que o equidna chimpe virando en espiral, cos seus puños en posición de ataque. Dig: Semellante ós xogos anteriores, mais coa adición de poder ser executado sobre os muros onde Knuckles aganchou (neste xogo execútase simplemente co botón "B"). Tornado Claw: Ó premer o botón "B" repetidas veces mentres Knuckles corre, el comeza a dar puñadas e acaba por se lanzar paralelo ó chan cos seus dous puños en posición de ataque, mentres vira de lado sobre si mesmo. Drill Claw: Se o xogador preme o botón "B" mentres Knuckles está voando, este descenderá virando en espiral, coas súas garras apuntando cara ó chan. (Se se teñen as "Shovel Claws", Knuckles poderá cavar ó aterrar). Mystic Melody:Unha técnica que fai que ocorra algo especial nalgúns sitios específicos. Thunder Arrow: Ó coleccionar 40 aneis no modo "Versus", Knuckles pode golpear o seu opoñente lanzándolle un raio, quitándolle puntos de vida. Power Flash: Ó coleccionar 60 aneis no modo "Versus", Knuckles pode inmobilizar o rival durante 10 ou 20 segundos.
Sonic Heroes Fire Dunk: Knuckles usa a Sonic e Tails como bólas de lume para destruír os seus inimigos.