Joan Verdú Fernández, nado en Barcelona o 5 de maio de 1983, é un exfutbolista español, que xogaba de centrocampista.
Traxectoria Chegou ao Dépor como un dos mozos que formaría o novo Superdépor. Despois de debutar con Joaquín Caparrós xa empezou a mostrar trazos de calidade, pero foi con Miguel Ángel Lotina con quen empezou a ser un xogador importante na primeira volta da tempada 2007/2008, chegando a dicir o técnico "o once son Verdú e 10 máis".
Na tempada 2008–09 volve despuntar facendo xirar ao equipo ao redor del, xogando como mediapunta detrás do dianteiro. Sen dúbida trátase dun xogador dun futuro prometedor do que pode saír un gran xogador, que marcou o seu primeiro gol como deportivista nun partido Vilarreal-Deportivo.
Tras rematar a tempada 2008–09 o RCD Espanyol fíxose cos seus servizos, ao rematar o seu contrato co Deportivo e non renovalo.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbolme.com Golazo ao Villarreal no 2006-2007
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona C Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Baniyas SC Categoría:Xogadores do ACF Fiorentina Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do CE L'Hospitalet Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña