Hisashi Tonomura (en ), nado o 2 de febreiro de 1972 en Hirosaki, Prefectura de Aomori, Xapón, é o guitarrista principal da banda de rock xaponesa GLAY. Xunto co seu compañeiro de banda Jiro, ten unha aparencia que recorda os mangas, a pesar que nos últimos tempos utilizan roupas e peitados menos extravagantes.

Composicións "Cynical" (single Ikiteku tsuyosa) "Doku Roku" (álbum Review, con Takuro) "Neuromancer" (single a Boy ~zutto wasurenai~) "ai" (single Soul Love) "Surf Rider" (single Missing You) "Denki Iruka Kimiyouna Shikou" (álbum One Love) "Prize" (álbum One Love) "Giant Strong Faust Super Star" (single Mata Kokode aimashou) "Brothel Creepers" (single Aitai Kimochi, con Takuro) "coyote, colored darkness" (álbum The Frustrated) "THE FRUSTRATED" (álbum The Frustrated, con Takuro, co alias de "Kombinat-12") "HIGH COMMUNICATIONS" (álbum The Frustrated, con Takuro, co alias de "Kombinat-12") "World's End" (álbum Love is Beautiful)

Outros traballos Ademais de GLAY, Hisashi tivo tamén proxectos paralelos, como a banda Rally, formada con Kouji Ueno (Radio Caroline e ex-Thee Michelle Gun Elephant), Motokatsu Miyagami (Mad Capsule Market) e Teru (Glay). A banda gravou unha versión de "Aku no Hana" para un tributo á banda Buck-Tick. En 1999, Hisashi participou no proxecto Poetic Revolution, de Yukinojo Mori, en "Ango", xunto con Takuro e Teru. Tocou en "Letters", de Hikaru Utada e nas cancións "Say Something", do álbum In the Mood, e "Keep the Faith", do álbum JUST MOVIN' ON~ALL THE -S-HIT, ambos de Kyousuke Himuro. Fixo unha breve aparición no filme Casshern, xunto con Takuro. En 2007 Hisashi deixou o programa de rádio "Cyber Net City", que presentaba dende 1999. O 12 de decembro de 2008, Hisashi foi convidado especial nun show do Blue Man Group en Tokyo, nun espectáculo especial chamado "Dia do Rock".http://www.barks.jp/news/?id=1000045656

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de GLAY

Categoría:Guitarristas do Xapón Categoría:Compositores do Xapón Categoría:Músicos do Xapón Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados na prefectura de Aomori