Studio City é un distrito de 10,3 km² situado no Val de San Fernando na cidade dos Ánxeles (California).

Orixe do seu nome Studio City debe o seu nome a Mack Sennett, quen durante os anos 20 levou os seus estudios cinematográficos, Mack Sennett Studios, neste barrio dos Ánxeles. Posteriormente, estes estudios serían rebautizados como Mascot Picture Studios, Republic Pictures Studios, MTM Enterprises Studios e, ó día de hoxe, coñecidos como CBS Radford Studios.

Poboación Segundo o almanaque de San Fernando Valley do ano 2000, Studio City tiña unha poboación de 25.841 habitantes e 13.086 casas. O prezo medio dunha casa é de 464.000 US $. A poboación é un 84% branca, cun 8% de hispanos, un 5% de asiáticos e un 3% de afroamericanos.

Na década de 1950 Studio City foi un lugar de residencia para unha importante poboación que profesaba o xudaísmo e que aínda mantén a súa presenza na zona. Igualmente, a zona é coñecida por unha reputada calidade gastronómica e pola cantidade de estrelas do mundo do cine e a televisión que residen nela.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Studio City Chamber of Commerce Ventura Blvd on the Web

Categoría:Barrios dos Ánxeles