Fading Like a Flower (Every Time You Leave), escrito por Per Gessle, foi o segundo sinxelo lanzado polo dúo de pop sueco Roxette do seu álbum do ano 1991, Joyride. En xullo de 1991, a canción estivo unha semana na segunda posición no Billboard Hot 100 nos Estados Unidos.
Vídeo musical
O vídeo foi gravado na súa maior parte en Gamla stan, Estocolmo, Suecia e inclúe imaxes da casa do concello de Estocolmo. A canción foi escrita en 1989 ("en Canadá" segundo Gessle), pero foi lanzada en 1991.
Lista de temas # Título 1. "Fading Like a Flower [Every Time You Leave]" 2. "I Remember You (Bonus track)" 3. "Physical Fascination (Guitar solo version)" 4. "Fading Like a Flower (Gatica Remix)"
Véxase tamén Ligazóns externas Roxette , páxina oficial de Roxette. Marie Fredriksson, páxina oficial de Marie Fredriksson. Gessle, páxina oficial de Per Gessle. Run to Roxette, comunidade en liña de fans. The Daily Roxette, comunidade en liña de fans.
Categoría:Sinxelos de 1991 Categoría:Roxette